8 de xul. de 2020

A GUARDA

O alcalde de A Guarda asinou o convenio da nova escola infantil municipal  

· O seu financiamento realizarase entre a Administración autonómica, que achegará 410.000€ e o consistorio local, que achegará os fondos restantes ata os 690.000€ do custo total

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz asinando o convenio da nova Escola Pública Municipal
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este mércores día 8 de xullo o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, asinou o Convenio da Escola Infantil Municipal que compromete o investimento necesario por parte da Xunta de Galicia para a súa posta en marcha e xa pode comezar dende o Consorcio Galego de Benestar o procedemento de licitación.  

 Está previsto que se faga a licitación antes de finais do presente ano e que as obras se executen entre as anualidades 2020 e 2021.  

 O financiamento da nova escola infantil de A Guarda, realizarase entre a Administración autonómica, que achegará 410.000€ e o consistorio local, que achegará os fondos restantes ata os 690.000€ do custo total.  

 A futura escola infantil de A Guarda, que estará ubicada nas vellas vinvendas dos mestres do antigo colexio público Manuel Rodríguez Sinde, integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul e estará dotada con tres unidades e un total de 41 prazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario