31 de xul. de 2020

A GUARDA

O CONCELLO DE A GUARDA TOMOU A DECISIÓN DE SUSPENDER ESTE ANO A CELEBRACIÓN DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA

Infogauda / A Guarda

 Para xeral coñecemento da cidadanía, na mañá deste venres día 31 de xullo de 2020, o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, fixo pública a seguinte resolución:


Expediente núm.: 653/2020

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 Como consecuencia da situación de crise sanitaria orixina polo COVID 19, e ante a necesidade de estremar as precaucións para evitar a propagación do virus, dende o Concello da Guarda se tomou a decisión de suspender durante este ano 2020 a celebración das festas do Monte.

 Tendo en conta a necesidade de evitar que, a pesar de tal suspensión, se poidan producir aglomeracións no citado espazo durante os días nos que se leva a cabo tradicionalmente tal celebración, faise necesario limitar o acceso ao Monte Santa Trega.

 Visto o artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de Réxime Local, que outorga competencias ao municipio en materia de policía local, protección civil, tráfico e mobilidade e protección da salubridade pública; o artigo 61.k da Lei  5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia, que outorga ao Alcalde a competencia para “Adoptar personalmente y bajo su responsabilidad, en caso de catástrofe o infortunios públicos o de grave peligro de que éstos se produzcan, las medidas precisas y adecuadas, dando inmediata cuenta de las mismas al Pleno de la Corporación.”

 En virtude das facultades que me confire o ordenamento xurídico vixente, e co obxecto de evitar que se produzan situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixina polo COVID 19, e tendo en conta a suspensión da celebración das festas do Monte durante o presente ano 2020.

RESOLVO:

PRIMEIRO. Pechar os accesos de tráfico rodado e peonil ao Monte Santa Trega o vindeiro día 9 de agosto de 2020.

SEGUNDO. Pechar entre os días 3 e 9 de agosto de 2020, ambos inclusive, a partir das 22:00 horas, o acceso de tráfico rodado e peonil ao Monte Santa Trega, en orde a evitar aglomeracións, celebración de botellóns e outras situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixina polo COVID 19, e tendo en conta a suspensión da celebración das festas do Monte durante o presente ano 2020.

TERCEIRO. Dar traslado da presente resolución á consellería competente da Xunta de Galicia e dar conta ao Pleno da presente resolución na vindeira sesión que se celebre.

O Alcalde

Antonio Lomba Baz

Documento asinado electronicamente

Ningún comentario:

Publicar un comentario