O Concello de A Guarda vai facilitar a apertura de establecementos
Reducindo á metade o importe das licenzas de apertura de novas actividades
Antonio Lomba Baz, alcalde do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda acaba de aprobar a proposta de Alcaldía de redución nun 50% da taxa de licenza por apertura de establecementos. Dende o inicio da situación xerada polo Covid-19 o concello guardés está adoptando medidas de carácter económico, debido a que a situación de crise sanitaria traduciuse tamén nunha paralización económica e nunha maior dificultade á hora de emprender proxectos empresariais.
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, informa que a ordenanza fiscal de apertura de establecementos reduce nun 50% o importe que os particulares e empresas terán que aboar ao concello por este concepto, e indica que esta medida súmase as que se teñen adoptado durante estes meses de pandemia, como a eliminación da taxa de terrazas para este ano 2020, campañas de sensibilización para o consumo local, difusión dos establecementos comerciais con servizo a domicilio, aceleración do prazo de pagamento aos provedores, a creación do mercado en liña, plan de dinamización económico, etc..
Con esta modificación o Concello de A Guarda o que pretende é facilitar a instalación de novas iniciativas empresariais na localidade así como reducir o esforzo económico que supón poñer en marcha un novo negocio ao diminuír o importe que deben aboar as novas actividades mercantís, comerciais ou industriais que se inicien no concello. Esta medida comezará a aplicarse a partir da publicación da aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.
Está bién que no cobre las terrazas , pero que no les dé la calle entera porque entonces para favorecr al dueño del bar, fastidia al resto de los guardeses. En alguna calle no dejan sitio en la acera y los peatones tenemos que bajar a la carretera., todo tiene un límite y aquí parece que no lo hay. Las calles sonm de todos no de dos.
ResponderEliminarO que non di o Alcalde e que a redución das licenzas de apertura se debe a unha iniciativa do BNG. Non ten importancia. O BNG seguirá traballando para sacar adiante
ResponderEliminaracordos que favorezan ao pobo da Guarda.
Agardamos que non se tarden en aplicar outras medidas aprobadas tamén a instancias do BNG como a bonificación das taxas do lixo para aqueles establecementos que estiveron pechados durante a pandemia ou para as familias cunha renta pero cápita inferior ao IPREM (537'48€ mensuais).
Xosé Manuel Méndez
Concelleiro do BNG