O Concello presentou unha app para a hostalería guardesa
Para a creación de cartas dixitais de cada establecemento
O alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, na presentación da app para hostalería guardesa
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Equipo de Goberno do Concello de A Guarda vén de facer público que o martes día 14 de xullo presentou na Casa dos Alonso, unha app (programa) “dirixida ao sector da hostalería e restauración para a creación de cartas dixitais”.
Nese evento, o alcalde Antonio Lomba Baz dixo: “Esta app gratuíta foi deseñada para dar apoio ao sector ante as novas medidas obrigatorias para a prevención do risco do COVID-19”.
Esta aplicación facilita sempre a creación de cartas en liña. Cun funcionamento simple e mediante poucos pasos, permite a xeración de códigos QR (acrónimo de Code Reader, en inglés, que en español significa lector de códigos).
Os QR, son uns códigos de barras bidimensuais cadradas que poden almacenar datos codificados (imaxes e audios, sobre todo). Asemade permiten interactuar de forma permanente, a través de calquer teléfono móbil intelixente, tableta, ordenador persoal ou portátil, de calquer usuario, é decir a dirección do establecemento ou seus clientes potenciais. Dese xeito, facilita a calquer persoa interesada a visualización da carta ofertada en cada un dos establecementos, que pode ser actualizada segundo conveña a xerencia de cada un deles. Ademais permitirá que os establecementos estén localizables nun mapa interactivo.
A xestión desta aplicación é a través da web https://qr.aguarda.es/gl/
O primeiro paso é darse de alta como establecemento. E despois de cumprimentar os datos, poderá deseñar a información que estará dispoñible en función da oferta do local: carta, menu do día, menu fora de carta e carta de viños. Esta información poderá actualizarse en cada momento dun xeito automático e polo xestor do local. Por exemplo, se durante a fin de semana non se ofrece o menú do día tan só hai que desactivar esa opción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario