CAMIÑAR POLAS RÚAS DA VILA GUARDESA TEN ENCANTO LITERARIO
· O proxecto de roteiro xurdiu no seo da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda
· E súa execución é obra da deseñadora Tamara Baz Alonso
· O proxecto de roteiro xurdiu no seo da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda
· E súa execución é obra da deseñadora Tamara Baz Alonso
A deseñadora guardesa Tamara Baz Alonso, no seu estudo
Foto: T.B.
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Desde fai unhas semanas transitar a pé pola vila guardesa ten un atractivo engadido, toda vez que grazas a iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda, e co decidido apoio do Equipo de Goberno Municipal, pudo materializarse o proxecto de rueiro literario urbano.
A idea xurdiu este ano, cando con motivo do Día do Libro, desde a Biblioreca Pública Municipal de A Guarda propúxose á cidadanía que enviase citas literarias que transmitan un pouco de ánimo e apoio ante a crise sanitaria que estabamos vivindo máis profundamente nos días de confinamento. De entre as achegas feitas foron recollidas 15 parágrafos de diferentes autores clásicos e contemporáneos, mantendo o idioma orixinal de cada obra (galego, castelán e inglés).
A idea era deixalas á vista, para que todos teñamos na memoria o momento vivido e axudarnos a continuar con hábitos responsables frente a Covid-19. E para iso, desde o Concello de A Guarda quixeron crear o roteiro literario coas 15 citas, de modo que á cidadanía poida atopalas por casualidade ou ben facer o paseo completo. Para iso desde a institución municipal contactaron con Tamara Baz Alonso (A Guarda, 1985), deseñadora gráfica e ilustradora, con máis dunha década de experiencia profesional, para levar a bo termo o proxecto.
Tamara Baz desenvolvendo seu labor na Alameda da vila
Foto: C.A.G.
O primeiro parágrafo escolmado está ubicado ao carón dos Xardíns do poeta Feliciano Rolán, diante do Centro de Saúde.
“En cada frase - dixo a Tamara Baz a este cronista - hai unha flecha que indica de forma xenérica a dirección deica a seguinte.
En cuanto o tema estético, foi escollida unha tipografía sinxela, en maiúsculas, para facilitar la lexibilidade.
Procurouse adaptar cada frase ao espazo, axustando o tamaño e alineación.
Por outro lado, utilizáronse as cores do arco da vella, xa que este símbolo de libertade recuperouse e foi utilizado como bandeira duante a crise”.
Os espazos onde están reflectidos os parágrafos literarios son: Entorno do Centro de Saúde, Alameda, Rúa Concepción Arenal, Praza de Avelino Vicente, inmediacions da Praza de San Bieito, Praza de Chan de Conde, Praza de Juan Bautista Alonso Español (Monte Real), Praza de San Marcos, Praza do Reló, Rúa Agustín Nandín Lomba, Praza de Santo Tomás, Rúa Joaquín Alonso (Praza Nova), Alamediña (intersección entre Rúa Vicente Sobrino e Avenida de Galicia), e acceso ao Centro Cultural.
Mapa da vila guardesa coa ubicación dos parágrafos e autores seleccionados
Os autores e os parágrafos escolmados son os seguintes:
1. Albert Espinosa, “Finales que merecen una historia”
“(...) Lo que perdimos en el fuego resurgirá en las cenizas (...)”.
2. Rosalía de Castro, “Cantares Gallegos”
“(...) Eu ben vin estar ó moucho.
Enriba d’ aquel penedo:
¡Non che teño medo moucho,
moucho non che teño medo! (...)”.
3. José Agustín Goytisolo, “Palabras para Julia”
“(...) Nunca te entregues ni te apartes
junto al camino, nunca digas
no puedo más y aquí me quedo (...)”.
4. Mario Benedetti, “No te rindas”
“(...) Vivir la vida y aceptar el reto,
recuperar la risa, ensayar el canto,
bajar la guardia y extender las manos,
desplegar las alas e intentar de nuevo,
celebrar la vida y retomar los cielos (...)”.
5. Homero, “Ilíada”
“(...) Incluso las penas son una alegría para alguien que recuerda todo lo que forjó y soportó (...)”.
6. Patrick Süskind, “El Perfume”
“(...) Y una vez disipados los malos olores del pasado, quería ahora inundarlo de fragancias (...)”.
7. Miguel de Cervantes, “Don Quijote de La Mancha”
“(...) No hay más alta virtud que la prudencia (...)”.
8. Anxo Fariña, “Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa”
“(...) Sen máis. Sen preguntar nada.
Iría contigo ata o fin do mundo...
se ti mo pedises (...)”.
9. Anxo Fariña, “Os Megatoxos e a batalla de Rande”
“(...) Para os que fan as cousas con amor.
Para os que fan as cousas por amor.
E para ti... por e con amor (...)”.
10. Miguel de Cervantes, “Don Quijote de La Mancha”
“(...) Confía en el tiempo, que suele dar dulces salidas a muchas amargas dificultades (...)”.
11. Rosalía de Castro, "Alborada"
“(...) Vaite noite vai fuxindo.
Vente aurora vente abrindo.
Co teu rostro que sorrindo.
A noite espanta!!! (...)”.
12. Miguel de Cervantes, “Don Quijote”
“(...) porque no es posible que el mal ni el bien sean durables, y de aquí se sigue que, habiendo durado mucho el mal, el bien está cerca ya (...)”.
13. Rosalía de Castro, “Follas Novas”
“(...) que pasen as correntes apestadas...
¡Que pasen ... que outras vendrán! (...)”.
14. Poema de Chuny Vázquez
“(...) Hoy caminamos sobre una rama quebradiza.
Pero no miremos hacia abajo.
Abramos las alas y empecemos a volar (...)”.
15. J. K. Rowling. “Harry Potter and the Order of the Phoenix”
“(...) We’ve all got both light and dark inside us. What matters is the part we choose to act on. That’s who we really are (...)”.
“Harry Potter y la Orden del Fénix”
“(...) Todos tenemos luz y oscuridad dentro de nosotros. Lo que importa es la parte en la que elegimos actuar. Eso es lo que realmente somos (...)”.
SUXERIMOS QUE O ROTEIRO LITERARIO COMPRENDA AS TRES PARROQUIAS GUARDESAS
A Guarda, por moitas razóns, merecía contar cun roteiro literario. Era algo que botabamos en falta. Habíamolo falado o activista cultural, poeta, escritor e xornalista Francisco Álvarez Álvarez (Koki), e este cronista. Eu diría máis, no termo municipal guardés na súa totalidade, e decir, non soio á vila, senón nos barrios das tres parroquias, poderíamos contar cun roteiro literario de autores vencellados dun xeito ou doutro, a este pobo. Nalgúns casos, mesmo sería unha formidable oportunidade para agradecer súas respectivas achegas culturais a este pobo que as veces semella ter pouca memoria cos que tanto fixeron por el en diversos ámetos (educativo, económico, social,...).
Por citar algúns exemplos, e sen entrar en ordes cronolóxicas, nin en estilos, nin noutros criterios que puderan ser excluíntes, diríamos que autores como Juan Bautista Alonso Español, Feliciano Rolán Vicente, Jaime Solá, Juan José Domenchina, Manuel Antonio, Adolfo Mosquera Castro, Julio Sesto, Manuel Álvarez Vicente, Julián López Ríos, Juan Domínguez Fontela, Padre Baltasar Merino, Frei Rosendo Salvado Rotea, José Darse Sobrino, Domingo Álvarez, Guillermo Vicente Santiago, Gumersindo Salinas Jiménez, Xohán Noia Xil, Juan Naya Pérez, Faustino Rey Romero, Pepe Luis, Remigio Pacheco Cadilla, Xan D´Outeiro, Antolín Troncoso Vicente, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor, Jesús Juan Garcés, Leoncio Lomba Feijóo, José María Rolán, Joaquín Saúl Rodríguez, Padre Orestes Caimotto, Jesús Español Gil, Emilio Alonso Freiría, Ángel Luis Troncoso Alonso, Manuel Conde González, Julio Sigüenza, Eliseo Alonso Rodríguez, Xavier Costa Clavell, José María Álvarez Blázquez, Darío Álvarez Blázquez, José Cólera González, Víctor Touriño López, Manuel Ameal González, José María Castroviejo, Francisco Sobrino Rodríguez, Ignacio Iglesias Trigo, Máximo Sar, Valentín Paz Andrade, Antonio García Lago, Basilisa Rodríguez Gómez, Óscar Fangueiro, Delia Castro Álvarez, Xoán do Tamuxe, Feliciano González Otero, Jesús Gómez Sobrino, Antonio Guerreiro Cepa, José Luis Lomba Alonso, Manuel Coedo, Joaquín Fernández Gómez, Florentina Andrés Álvarez, Xosé
Carlos Gómez Alfaro, Francisco Álvarez (Koki), Emilio Rolán Mosquera,
Julia Sobrino González, José Rodríguez Gómez (XO.RO.GO.), Aida Lomba
Márquez, Manuel Álvarez Álvarez, Antón Ferreira Lorenzo, Agustín
Ferreira Lorenzo, Francisco M. Sánchez Lomba, Rubén
Muñoz Alonso, Alicia Mª Alonso Rivas, José Carlos Rodríguez Franco,
Ricardo Videira Barcia, Joaquín Cadilla Castro,..., son entre outras, persoas que tiveron ou teñen vencello coa nosa localidade. A relación pode ser máis exhaustiva, pero coidamos que esta que aportamos da unha boa idea da diversidade de autores coa cal podemos traballar en varios ámetos e propostas. Sobre todo para relacionar persoas e lugares (por exemplo onde naceron, viviron, entornos das súas estadías estivais na nosa vila etc.,...), e procurar fixar na memoria colectiva siquera un chisco da súa achega cultural. O labor a desenvolver é tan inxente como con certeza, resultará satisfactorio para toda á comunidade cívica guardesa. E mesmo podería desenvolverse non soio polo Concello, que tamén, senón co apoio doutras entidades (asociacións, comunidades de montes,...) da localidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario