A MOSTRA FILATÉLICA EXFIMIÑO QUEDA POSPOSTA PARA 2021
· Este ano estaba previsto dedicala á parroquia de Santa María de A Guarda
· Este ano estaba previsto dedicala á parroquia de Santa María de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.) fixo público o seguinte comunicado:
Por motivos da pandemia que estamos a sufrir e ante a imposibilidade de garantir a seguridade da xunta organizadora, e sobre todo das persoas que quixeran visitar a nosa exposición anual EXFIMIÑO, a Xunta Directiva toma a decisión de pospoñer para o próximo ano 2021, a exposición filatélica, que este ano estaba previsto dedicala á parroquia de Santa María de A Guarda, os días 9 ao 12 de outubro.
Tomamos esta decisión con moito pesar pero ante todo con responsabilidade, pensando na seguridade de tódolos afeccionados e expositores que nos visitan ano tras ano.
Pedimos desculpas polos retrasos que se poden producir nos abonos de sellos de este ano, e esperamos que nos vindeiros meses Correos normalice as emisións.
Tamén informamos que o noso local permanecerá pechado ata nova orde; para calquera consulta, os socios poden contactar con nós a través dos números de telefono:
Vicepresidente: 663 404 854
Presidente: 648 707 630
Ningún comentario:
Publicar un comentario