14 de xul. de 2020

A GUARDA

O CONCELLEIRO CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS DENUNCIA  “A DEIXADEZ DAS SÚAS FUNCIÓNS DO GOBERNO DO PSOE

O portavoz de Converxencia Galega advirte da carencia de sinalización dos límites do centro urbano para o servizo de taxis


Celso R. Fariñas 
Concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda  


Infogauda / A Guarda 

 No día de hoxe, martes 14 de xullo de 2020, o concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, Celso Rodríguez Fariñas comentou persoalmente cun redactor deste xornal dixital transfronteirizo que logo de haber transcorrido un ano desde a aprobación da correspondente ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi no termo municipal de A Guarda, ainda está pendente de instalar por parte do Concello de A Guarda, a correspondente sinalización indicativa de inicio e fin do límite urbano para os profesionais do taxi e a súa vez para os usuarios dese servizo.



En primeiro termo, sinal informativa de fin do límite urbano
Foto: C.


 Para reafirmar o indicado no parágrafo precedente, Celso Rodríguez Fariñas fixo chegar á Redacción de Infogauda copia da comunicación dirixida nesta mesma data ao alcalde e ao concelleiro de tráfico do Concello de A Guarda, na que di o seguinte: 


NECESIDADE DA INSTALACIÓN DE SINAIS INDICATIVAS DO CASCO URBÁN PARA O SERVICIO DE TAXIS      

 Habendo sido aprobada no Pleno Ordinario do 14.05.2019 a Ordenanza Municipal reguladora do Servizo de Taxi, e publicada no Boletín Oficial de Pontevedra nº 143 do 29.07.2019, polo que quedou aprobado definitivamente nesta data, e no seu artigo 28, se indica que ditos vehículos deben estar equipados cun taxímetro e as condicións dos mesmos.  

 A Lei 4/2013 do 30 de maio de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, no seu Artigo 40.1, rexe como debe aplicarse as tarifas interurbanas. 

 O chegar a este punto, empeza a “procesión e sufrimento dos profesionais do taxi” pois despois de máis de UN (01) ANO de ser efectiva a Ordenanza Municipal, están a espera de poder aplicar as Tarifas Interurbanas, e o único que fai falla son as sinais indicativas. E escoitando sempre moi boas palabras, pero resultados de efectividade CERO, a pesar de que teñen mantido conversas con componentes do Grupo de Goberno Municipal do PSdeG-PSOE, a día de hoxe, seguen esperando que se proceda a instalar nos límite das estradas que saen do noso pobo. 

 Namentras hai concellos próximos que xa fai anos que teñen instaladas as mesmas, parece que no noso Concello hai que facer un “master” para adquirir a media ducia de sinais das mesmas, cuxo custo non debe facer quebralas arcas municipais.  

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, denunciamos a deixadez das súas función do Goberno do PSOE, e chamamos a atención “a quen corresponda” para que dunha vez por todas, escoite a xusta reivindicación que están facendo os taxistas da nosa localidade. 

A Guarda, a 14 de Xullo do 2020 


Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA         


Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Tráfico 
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario