14 de xul. de 2020

A GUARDA

A OMIX presenta unha proposta de obradoiros e xogos en familia

· Con nenas/os de 3 a 12 anos de idade



Infogauda / A Guarda

 A OMIX do Concello de A Guarda oferta dúas xornadas/obradoiros especialmente pensadas para familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos que buscan realizar actividades xuntos e ao aire libre ou para familias tamén que buscan recursos de ocio para nenos e nenas.  

 O día 24 de xullo realizarase “Xogos e movemento”. Unha acción destinada a gozar ao aire libre, realizando varios xogos: por equipos, populares, de ioga etc. 

 Para poder orientar axeitadamente cada actividade a cada rango de idade realizaranse dous grupos: 

· Grupo de 3 a 6 anos de 18:30 a 19:30h. Neste caso será imprescindible a participación ou o acompañamento dunha persoa adulta. 

· Grupo de 7 a 12 anos, de 16:30 a 17:30h. Neste caso os nenos e nenas poden quedar sen persoa acompañante se así o desexan.  

 O día 31 de xullo, terá lugar o “Obradoiro: manualidade natural, cabeza de pasto”. Nesta ocasión a proposta será a realización dunha manualidade creativa e divertida e que ademais poderán levar para a casa. 

 Os grupos de idade participantes volven a ser de: 3 a 6 anos de 18:30 a 19:30h coa participación dunha persoa adulta; e para participantes de 7 a 12 anos poden acudir sen persoa acompañante, no horario de 16:30 a 17:30h.  

 Para os obradoiros cada familia achegará unha manta ou similar para poder xogar ou realizar o obradoiro no chan. Ademais para a manualidade natural as persoas participantes traerán: rotulador permanente negro, tesoiras, culler grande; e para o grupo de maiores unha agulla de la.  

 Máis información e inscricións na OMIX no teléfono 676 347 890 ou no correo electrónico informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario