A AECT Río Miño manifesta o seu malestar pola non discusión do tema da apertura das fronteiras no Consello de Ministros luso
· O alcalde da Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira e o director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, piden unha solución inmediata
O director da AECT Río Miño, Uxío Benítez e o alcalde da Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, na Ponte da Amizade, con motivo da recente mobilización a prol da apertura do paso fronteirizo entre Goián e Cerveira
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño / Vila Nova de Cerveira
O alcalde da Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira e o director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, amosaron públicamente o seu malestar ante a non abordaxe, este xoves, en Consello de Ministros luso, da temática das fronteiras: “Estamos completamente desiludidos. Lamentamos a descoordenação dentro do Goberno e entre Gobernos, mais lamentamos aínda máis a desvalorización que fan da situación concreta da rexión de fronteira do río Miño, sistematicamente prexudicada por políticas centralistas dos sucesivos Gobernos que non atenden ás xustas reivindicacións das poboacións de fronteira, ignorando ou descoñecendo a realidade local. Esperamos que aínda poida haber unha minimização desta inxustiza. Imos continuar a loita, porque é xusta”, manifestou o presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.
Pola súa banda, o director da AECT Río Miño, Uxio Benitez, expresou que “temos que subliñar que, mesmo que ambos os gobernos avancen ou non co día 22, están a falar de abertura total das fronteiras con carácter xeral para o turismo. Os gobernos non entenden, nin coñecen que antes desa abertura para os turistas, están os traballadores e traballadoras e a cidadanía transfronteiriza; aqueles que teñen que percorrer 100 kms. de máis, ou as persoas que non pode abrir os seus comercios, porque non poden pasar os clientes. Precisamos dunha solución inmediata, pois esta é unha situación inxusta”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario