Mañá comeza a veda da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra
A prohibición de extracción deste crustáceo prolongarase ata o vindeiro 8 de novembro, día incluído, en ambas provincias
Na provincia de Lugo a veda iniciarase o día 26 de xuño e permanecerá ata o 29 de novembro, día incluído
Infogauda / Galicia
A veda da centola e do boi na parte
litoral que vai desde A Guarda ata cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo
ata cabo Estaca de Bares comeza mañá e prolongarase ata o vindeiro 8 de
novembro, día incluído. Na zona comprendida entre cabo Estaca de Bares
ata o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro, a veda comezará o 26 de
xuño, venres, e prolongarase ata o vindeiro 29 de novembro, día
incluído.
Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan
de xestión destas especies para a campaña 2020-2021, que establece o
período de veda para este ano nas provincias da Coruña e Pontevedra
desde as 00:00 horas do sábado 20 de xuño ata as 00:00 horas do domingo 8
de novembro. Na provincia de Lugo a veda prolongarase das 00:00 horas
do venres 26 de xuño ata as 00:00 horas do domingo 29 de novembro.
O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte na nosa comunidade. De feito, as embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calamento e levalas a porto.
A
veda é unha das medidas que contribúen a aumentar a biomasa e a regular
a pesqueira da centola e do boi co fin de axustar a xestión pesqueira
ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e favorecer
unha explotación máis sustentable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario