4 de xuño de 2020

OIA

Purificación Granja, a “avoa de Oia”,  cumpriu 104 anos    

Purificación Granja Valverde, a decana das veciñas de Oia
Foto: C.O.



Infogauda / Oia

 Purificación Granja Valverde, a muller máis lonxeva de Oia, vén de cumprir nestes días os 104 anos, un aniversario que festexou esta fin de semana rodeada da súa familia.  

 Como agasallos, o Concello fíxolle chegar á veciña centenaria un ramo de flores e unha torta, presentes que a señora Pura recibiu cun sorriso e facendo gala do seu característico bo ánimo.  

 A alcaldesa, Cristina Correa Pombal, visitou á “avoa de Oia” no mesmo día do seu aniversario para felicitala en representación do Concello e transmitirlle o agarimo e os bos desexos de toda a veciñanza.

 Novas relacionadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario