O concello apela á responsabilidade da cidadanía
Sobre as medidas de prevención e respecto ao medio ambiente
A imaxe reflicte un exemplo do que non debemos facer. Luvas usadas e outros elementos de protección non deben botarse en calquer lugar.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Grupo de Goberno do Concello de A Guarda vén de lembrar que "dende o inicio do estado de alarma declarado pola crise sanitaria do Covid-19, tivemos que ir adaptando as nosas costumes e tomar medidas de hixiene e seguridade que fixeron extensible o uso de luvas ou máscaras de protección á case totalidade da poboación".
"Afortunadamente, a maioría da veciñanza está a cumprir - segundo indican desde o executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz - coas novas medidas impostas, e dende o concello apelamos a que continúe así esta dinámica, para evitar calquera tipo de novo contaxio".
Porén, tal e como refire o Goberno Municipal de A Guarda "unha das caras negativas da pandemia do Covid-19, e que está estreitamente vencellada ao medio ambiente, e que desafortunadamente, moitos dos elementos que se están a empregar para a prevención e protección como luvas ou máscaras, son depositados sen control en rúas e fincas, arrastrados despois polo vento, o que fai moi difícil o seu tratamento coma residuo e pasan directamente a contaminar de xeito irremediable o noso entorno, moitas veces espazos dunha gran importancia medioambiental.
É por iso que dende a concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda se fai un chamamento, a empresas e á cidadanía en xeral, a que se realice un correcto tratamento deste tipo de elementos de prevención e protección para que rematen nos contedores do lixo e non no medio ambiente.
Coidar o medio ambiente é cousa de todos!"
Desde este xornal dixital transfronteirizo lembramos que está en vigor a Orde SND/271/2020, do 19 de marzo, pola que se establecen instrucións sobre xestión de residuos na situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. BOE n.º 79 do 22 de marzo de 2020. Recomendamos súa lectura a quen teña dúbidas e sobor de todo, convidamos a respectar o medio ambiente, cuxa conservación é responsabilidade de todos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario