16 de xuño de 2020

O BAIXO MIÑO

PRESENZA DE RESTOS DE BIOMASA NAS TAXEAS DO VIAL GOIÁN - A GUARDA

Na xornada do luns día 15 de xuño foron desenvolvidas tarefas de desbroce



Vista dun tramo do vial de alta capacidade (VAC) CG-4.2 entre Goián (Tomiño) e A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / O Baixo Miño

  Na xornada do luns día 15 deste mes de xuño, uns operarios provistos da correspondente maquinaria, desenvolveron tarefas de desbroce nas marxes externas, próximas as biondas ao carón dos arcéns contiguos a superficie de rodadura do vial de alta capacidade (VAC) CG-4.2 entre Goián (Tomiño) e A Guarda. Na tarde de hoxe, martes día 16 de xuño de 2020, todo semella indicar que os labores están rematados. En todo caso, en varios sitios hai presenza de biomasa (restos vexetais - acacias, piñeiros, etc. -) que tal vez quedou esquecida, e que na opinión dalgunhas persoas usuarias desa vía, debería retirarse a maior brevidade posible, a fin de evitar que cando se produzan choivas ou vento, poidan xerar algún problema a circulación rodada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario