A CIG convoca protestas tras unha nova morte no sector da automoción porque "a precariedade laboral mata"
As
protestas desenvolveranse este xoves 18 tanto diante da Inspección de
Traballo en Vigo (10:00 horas) como da compañía no polígono porriñés das
Gándaras (13:30 horas)
Unha traballadora de Componentes faleceu en accidente laboral o pasado venres día 12
Infogauda / O Porriño
A CIG-Industria de Vigo convoca dúas concentracións este xoves para denunciar que “a precariedade laboral mata” e en lembranza da traballadora da automoción que faleceu o pasado venres 12 en accidente laboral nas instalacións da empresa Componentes de Vehículos de Galicia.
As protestas desenvolveranse este xoves 18 tanto diante da Inspección de Traballo en Vigo (10:00 horas) como da compañía no polígono porriñés das Gándaras (13:30 horas) para denunciar que a crecente precariedade que afecta o sector está a provocar o incremento dos accidentes laborais graves, mesmo con resultado de morte.
Nova relacionada.
Nova relacionada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario