17 de xuño de 2020

LABORAL

Convocatoria protestas nos centros da Consellería de Política Social 

Este xoves 18 de xuño, entre as 11:00 e as 11:30 horas  

Infogauda / Galiza

 As organizacións sindicais CIG, CCOO,CSIF e UGT convocan unha nova xornada de mobilizacións  este xoves 18 de xuño nos centros da Consellería de Política Social. Como nas anteriores xornadas, o motivo fundamental segue a ser a negativa da Consellería á recuperación dos dereitos que se manteñen recortados do V Convenio Colectivo Único do seu persoal dende o ano 2012 e o empeoramento das condicións laborais impostas coa escusa da crise sanitaria.   

 Os dereitos recortados dende a crise anterior produciron a amortización de cadro persoal e o aumento da carga de traballo. A esto sumámoslle a falta de medios materiais e o alongamento da situación de excepcionalidade nos centros de Politica Social que provocou a crise sanitaria do coronavirus e a falla de vontade negociadora da Consellería.   

 En consecuencia, o persoal das residencias de maiores, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade desenvolverán concentracións diante dos seus centros de traballo na quenda de maña entre as 11:00 e as 11:30 horas.   

Data: Xoves, 18 de xuño de 2020  
Hora: Entre as 11:00 e as 11:30 horas    

 Aínda que as concentracións se van a realizar a partir das 11:00 horas nos centros de toda Galiza, as centrais sinalan como referencia para os medios de comunicacion as seguintes:    

Pontevedra: Residencia de Maiores de Marin  
Vigo: CAPD Chapela e  o CRAPD Vigo I 

Ningún comentario:

Publicar un comentario