A Xunta de Galicia colabora coa Cruz Vermella para poñer á disposición das familias con dificultades económicas a Tarxeta Básica, que poderá tramitarse a partir de mañá
A
conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá na
sinatura do convenio xunto coa presidenta desta entidade en Galicia,
Carmen Colmeiro
As familias poderán solicitala a través dos servizos sociais dos concellos ou ben a través da Cruz Vermella e recibirana nun prazo máximo de 72 horas, co fin de que poidan dispoñer dela canto antes e recuperarse así das consecuencias xeradas pola emerxencia sanitaria da covid-19
Na sinatura deste acordo participaron a conselleira
de Política Social, Fabiola García, e a presidenta desta entidade en
Galicia, Carmen Colmeiro
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Terá unha duración inicial de tres meses e a súa contía oscilará, en función do número de persoas da unidade familiar, entre os 400 e os 900 euros trimestrais
Esta iniciativa busca non estigmatizar ás persoas que reciben axudas sociais, ao permitir aos cidadáns beneficiarse desta prestación de maneira anónima
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia asinou esta mañá o
convenio de colaboración con Cruz Vermella para a posta en marcha da
tarxeta básica, que permitirá ás familias con poucos ingresos comprar
produtos de alimentación, hixiene e farmacia e que comezará a tramitarse
a partir de mañá. Na sinatura deste acordo participaron a conselleira
de Política Social, Fabiola García, e a presidenta desta entidade en
Galicia, Carmen Colmeiro.
Sobre a tramitación desta nova tarxeta
básica, a conselleira trasladou que se poderá realizar ben a través dos
servizos sociais dos concellos ou ben a través de Cruz Vermella a partir
de mañá mesmo. Será un trámite sinxelo en puntos próximos aos cidadáns,
o que permitirá, concretou, que os posibles beneficiarios poidan
recibir a tarxeta no prazo máximo de 72 horas. O obxectivo fundamental,
aseverou, é que as galegas e galegos con dificultades poidan facer uso
desta axuda no menor tempo posible e recuperarse así das consecuencias
socioeconómicas xeradas pola emerxencia sanitaria da covid-19.
Lembrou
tamén que esta tarxeta terá unha duración inicial de tres meses e que
se recargará automaticamente, mes a mes, cunha contía trimestral de 400
euros para unha familia dunha persoa, 600 euros para unha familia de
dúas persoas e 900 euros para familias de tres ou máis persoas.
Fabiola
García agradeceu á Cruz Vermella a súa disposición e vontade de axudar
sempre ás persoas que máis o precisan e destacou que a súa longa
traxectoria e experiencia a nivel nacional convértena na entidade idónea
para a posta en marcha desta iniciativa. Así mesmo, puxo en valor unha
das principais características desta tarxeta, isto é, que non
estigmatiza ás persoas que reciben axudas sociais. Neste sentido,
apuntou que permite aos cidadáns con dificultades económicas
beneficiarse das prestacións de maneira anónima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario