O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN DE CONVERXENCIA GALEGA
POLA CAL AS PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA OU SIMILARES, PODERÁN DISFRUTAR DUNHAS FESTAS SEN RUIDOS
Infogauda / A Guarda
Ainda que por causa da pandemia que nos afecta e o estado de alarma decretado polo Goberno español, non foron posibles moitas das celebracións festivas que estaban programadas, o certo é que para cando se poida, A Guarda será un concello no cal ás persoas con trastorno do espectro autista ou similares, poderán gozar dunhas festas sen ruidos. A proposta, que fora presentada antes da decraración da pandemia, polo concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, vén de ser aprobada na sesión plenaria ordinaria, celebrada pola Corporación Municipal do Concello de A Guarda, o pasado día 29 de maio deste ano.
Como queira que no día de hoxe, tivemos acceso a correspondente certificación, transcrebemos o contido da mesma para xeral coñecemento.
JULIA Mª CARRASCO GLEZ-ALEGRE, Secretaria do Concello da Guarda, (Pontevedra),
CERTIFICO:
Que na sesión ordinaria celebrada polo Pleno o día 29 de maio de 2020, tomouse o seguinte acordo que se transcribe literalmente:
“PUNTO 8.- Expediente 293/2020. MOCIÓN PRESENTADA POR CONVERXENCIA GALEGA PARA QUE AS PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA OU SIMILARES POIDAN DISFRUTAR DUNHAS FESTAS SEN RUIDOS.
(...)
“PARA QUE AS PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA OU SIMILARES POIDAN DISFRUTAR DUNHAS FESTAS SEN RUÍDOS
Celso R. Fariñas, Portavoz do Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, presenta o Pleno para debate e aprobación si procede, dacordo co establecido nos artígos 97.3 y 91.4 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Régime Xurídico das Entidades Locais, esta moción sobre a base da siguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
As persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) ou similares como: Trastorno Xeneralizado do Desenrrolo (TGD), Trastorno Específico da Linguaxe (TEL), Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), Trastorno do Procesamento Sensorial (TPS), etc., e as súas familias sufren discriminación.
Estamos diante unha discapacidade invisible, pouco coñecida e desatendida, que non se cura, que crece ano a ano e da que non se sabe súa orixe. Afecta o comportamento, a comunicación, a linguaxe, o aprendizaxe e a relación cos demáis.
Quenes o padecen irritanse diante sons, luces, movementos, espacios, texturas, cheiros, ordens, interrupcións ou troco de pautas. Reaccionan o malestar con crise nas que soufren extraordinariamente, pero que dende fora interpretanse como mala educación, caprichosos berrinches ou, incluso, demencia.
En España, ademáis, as diferentes políticas autonómicas forman un laberinto de servicios, axudas e prestacións mal estructuradas e escasas na maioría do Estado.
Aparte da necesidade de axudas, tratamentos, sistema de asesoramento, diagnóstico e derivación de servicios para intervir e apoiar a familia dende o primeiro momento, as asociaciacións de afectados reclaman as mesmas oportunidades para estas persoas, concretamente, que poidan disfrutar das festas populares como calquer outro, aunque sexa por unhas horas. Son persoas sensibles os estímulos que provocan por exemplo, os fogos artificiais, os petardos, a música alta, etc.; situacións que fácilmente provocalles unha sobrecarga sensorial por enriba do umbral tolerable que desemboca en crisis, ataques de ansiedade ou incluso pánico. Esta peculiaridade, provoca que muitas familias encontren extremadamente difícil disfrutar das festas e levar a séus fillos/as.
Por estas razóns e despois de escoitar a algunha persoa que ten este problema na súa familia, na que en distintos folletos de diversas asociacións que defenden séus dereitos e velan polo séu benestar viñan solicitando que: “Se fixara unha franxa horaria sen música nin luces fortes para facilitar a participación nas mesmas de nen@s, adolescentes e persoas adultas con Asperger ou TEA (Trastorno do Espectro Autista)”.
Está nas nosas máns facer unha oferta de participación e disfrute das festas e eventos sociais as persoas que sufren estes problemas e a séus familiares.
Nosas festas deben ser un exemplo de inclusión, e ese é o obxeto desta moción, para poidan participar en pé de igualdade das atraccións e disfrutar das festas.
Que se debe vixiar e controlar o cumplimento da Directiva 2013/29/UE do Parlamento Europeo, que garanta un alto nivel de protección para a saúde e a seguridade das persoas e do medio ambiente, entre elas o nivel máximo sonoro que os fogos de artificio deben cumplir na súa fabricación, educando e creando conciencia para que en pouco tempo, se poida chegar a conseguir que nas festas e distintos eventos se celebren con fogos de artificio silenciosos.
Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, plantexamos o seguinte acordo:
O Concello regulará e fixará unha franxa de tempo de DUAS horas diarias como mínimo durante as festas populares que se celebran na localidade, sendo recomendables de 19 a 21 horas sen ruidos e sen luces de grandes destellos ou de moita luminosidade, e dese xeito permitir o uso e disfrute das xornadas festivas a familiares e persoas que sufren estes tipos de trastornos os que facemos referencia así como doutros máis que están aparecendo no eido da saúde.”
(...)
Sometida a votación a moción foi aprobada por UNANIMIDADE dos membros presentes.
VOTOS A FAVOR: Sres/as. Lomba Baz, Magallanes Alvarez, Español Otero, Baz Rodríguez, Rodríguez Marcos, Álvarez Carrero, Alonso Álvarez, Alonso Gándara, Baz Lomba, Guisande Vila, Álvarez Alonso, Lomba Rodríguez, González Martínez, Méndez Díaz, Fernández Lomba e Rodríguez Fariñas (dezaseis votos a favor).”
Ningún comentario:
Publicar un comentario