CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA MOCIÓN
CON PROPOSTAS PARA PROCURAR CONCILIAR OS FESTEXOS COA SAÚDE DAS PERSOAS AFECTADAS POR DIFERENTES TRASTORNOS
Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Nos tempos que vivimos semella que a sociedade está sendo cada vez máis sensible cara a problemática que afecta a saúde de moitas persoas, que sofren diferentes trastornos, aparentemente invisibles, pero que lles xeran distintos inconvintes que soio elas - en primeiro lugar -, e - por extensión - súas familias, sofren, e que os especialistas, coñecen e están espallando ás pautas de como se poden paliar.
Co propósito de procurar dar un paso adiante na necesaria colaboración de toda á comunidade veciñal, representada pola Corporación Municipal; o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no Concello de A Guarda, á seguinte moción:
PARA QUE AS PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA OU SIMILARES POIDAN DISFRUTAR DUNHAS FESTAS SEN RUIDOS
Celso R. Fariñas, Portavoz do Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, presenta o Pleno para debate e aprobación si procede, dacordo co establecido nos artígos 97.3 y 91.4 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Régime Xurídico das Entidades Locais, esta moción sobre a base da seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: As persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) ou similares como: Trastorno Xeneralizado do Desenrrolo (TGD), Trastorno Específico da Linguaxe (TEL), Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), Trastorno do Procesamento Sensorial (TPS), etc., e as súas familias sufren discriminación.
Estamos diante unha discapacidade invisible, pouco coñecida e desatendida, que non se cura, que crece ano a ano e da que non se sabe súa orixe. Afecta o comportamento, a comunicación, a linguaxe, o aprendizaxe e a relación cos demáis.
Quen o padecen irrítanse diante sons, luces, movementos, espacios, texturas, cheiros, ordens, interrupcións ou troco de pautas. Reaccionan o malestar con crise nas que soufren extraordinariamente, pero que dende fora interpretanse como mala educación, caprichosos berrinches ou, incluso, demencia.
En España, ademáis, as diferentes políticas autonómicas forman un labirinto de servicios, axudas e prestacións mal estructuradas e escasas na maioría do Estado.
Aparte da necesidade de axudas, tratamentos, sistema de asesoramento, diagnóstico e derivación de servicios para intervir e apoiar a familia dende o primeiro momento, as asociaciacións de afectados reclaman as mesmas oportunidades para estas persoas, concretamente, que poidan disfrutar das festas populares como calquer outro, aunque sexa por unhas horas. Son persoas sensibles os estímulos que provocan por exemplo, os fogos artificiais, os petardos, a música alta, etc.; situacións que fácilmente provocalles unha sobrecarga sensorial por enriba do umbral tolerable que desemboca en crisis, ataques de ansiedade ou incluso pánico. Esta peculiaridade, provoca que muitas familias encontren extremadamente difícil disfrutar das festas e levar a seus fillos/as.
Por estas razóns e despois de escoitar a algunha persoa que ten este problema na súa familia, na que en distintos folletos de diversas asociacións que defenden seus dereitos e velan polo seu benestar viñan solicitando que: “Se fixara unha franxa horaria sen música nin luces fortes para facilitar a participación nas mesmas de nen@s, adolescentes e persoas adultas con Asperger ou TEA (Trastorno do Espectro Autista)”.
Está nas nosas máns facer unha oferta de participación e disfrute das festas e eventos sociais as persoas que sufren estes problemas e a séus familiares.
Nosas festas deben ser un exemplo de inclusión, e ese é o obxeto desta moción, para poidan participar en pé de igualdade das atraccións e disfrutar das festas
Que se debe vixiar e controlar o cumplimento da Directiva 2013/29/UE do Parlamento Europeo, que garanta un alto nivel de protección para a saúde e a seguridade das persoas e do medio ambiente, entre elas o nivel máximo sonoro que os fogos de artificio deben cumplir na súa fabricación, educando e creando conciencia para que en pouco tempo, se poida chegar a conseguir que nas festas e distintos eventos se celebren con fogos de artificio silenciosos.
Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, plantexamos o seguinte acordo:
O Concello regulará e fixará unha franxa de tempo de DÚAS horas diarias como mínimo durante as festas populares que se celebran na localidade, sendo recomendables de 19 a 21 horas sen ruidos e sen luces de grandes destellos ou de moita luminosidade, e dese xeito permitir o uso e disfrute das xornadas festivas a familiares e enferm@s que sufren estes tipos de trastornos os que facemos referencia así como doutros máis que están aparecendo no eido da saúde.
A Guarda, a 05 de Febreiro do 2020
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario