A Piscina Municipal preparada para súa reapertura
· Desde o luns día 8 de xuño
De esq. a der.: Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Deportes; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda, e Miguel Ángel Español Otero, concelleiro de Vías e Obras, supervisaron in situ as instalacións da piscina municipal de A Guarda
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
"Tralo peche temporal do centro deportivo a mediados do mes de marzo, informamos da reapertura das instalacións da Piscina Municipal da Guarda, durante este tempo adecuouse para mellorar e garantir así a seguridade de usuarios e traballadores". Así comeza o comunicado que o Goberno Municipal do Concello guardés vén de facer público este venres día 5 de xuño.
Preparada para súa reapertura desde o vindeiro luns día 8 de xuño, o executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz indica: "Aplicáronse tódolos protocolos de desinfección e limpeza ante o Covid-19 cumprindo coa normativa sanitaria establecida. Os protocolos de actuación para traballadores e usuarios son moi sinxelos pero precisan da responsabilidade individual e do respecto ás normas marcadas.
Vista parcial do ximnasio da piscina municipal de A Guarda
Determínase o uso obrigatorio de máscaras nas zonas de paso común (entrada, pasillos, etc..). Fixéronse cambios no centro para respectar a distancia mínima de 2 metros no ximnasio, vestiarios, duchas e piscina, e, desta maneira, poder adestrar sen máscaras. A disposición de todos hai produtos desinfectantes e xel hidroalcohólico, así coma un incremento das horas de limpeza en horario de apertura e peche da instalación. Non será preciso reservar cita previa.
Vista parcial da piscina municipal de A Guarda
O Concello de A Guarda fíxose cargo do reforzo das estruturas de aire da cuberta da piscina e o pintado do recinto do vaso.
Tódolos aboados recuperarán o servizo pagado e non desfrutado do mes de marzo durante o mes de xuño.
Damos por finalizado o curso da escola de natación de nenos e adultos, quedando reservada a praza no mesmo horario para a recuperación durante o novo curso 2020-2021. Agradecer a colaboración e a comprensión de todos para levar a cabo os novos protocolos. A práctica de actividade física é unha das recomendacións principais fronte esta pandemia".
Ningún comentario:
Publicar un comentario