23 de xuño de 2020

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA FAISE ECO DAS QUEIXAS VECIÑAIS 

POLA “DEIXADEZ E MIRAR PARA OUTRO LADO” DO EQUIPO DE GOBERNO




Infogauda / A Guarda
 
 O concelleiro de Converxencia Galega, Celso Rodríguez Fariñas, vén de enviar a Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, á seguinte nota de prensa: 

DEREITOS DOS PEÓNS 

 Cada pouco, temos que estar presentando escritos das queixas e denuncias que a cidadanía nos remite por diversos medios, provocadas polo irrespeto de conductores e a “deixadez e mirar para outro lado” do Equipo de Goberno Municipal do PSOE, que a sabendas, e diso somos testigos directos da manifestación desas queixas o Sr. Alcalde e ao Concelleiro de Tráfico, dos abusos que se comenten en distintos puntos do noso pobo, donde nais/pais que levan criaturas pequeñas ou son portadores de carriños de bebés teñen que camiñar pola estrada por estar os pasos de peóns e as beirarrúas ocupadas totalmente por automóbiles, sin que tomen ningún tipo de medida sancionadora, dado que moitos teñen recibido avisos e rinse de todo o mundo. 






 Podemos estar queixándonos de moitas destas situación e escribir un bo número de follas, pero nesta ocasión, aportamos unhas fotos remitidas fai unhas horas na Avenida República Dominicana no entronque da rúa Santo Domingo de Guzmán. 

A Guarda, a 22/06/2020      

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario