Galicia proporá mañá no Consejo Jacobeo un protocolo de medidas sanitarias específico para o Camiño de Santiago
A Xunta de Galicia compartirá co Goberno e o resto de comunidades o traballo en marcha para converter o Xacobeo 2021 nunha ferramenta de reactivación económica
Reiterará a petición de ampliar ata 2022 as desgravacións fiscais do Ano
Santo, o que estimularía o desenvolvemento de proxectos culturais e
turísticos
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
Galicia proporá mañá no Consejo Jacobeo
contar cun protocolo de medidas sanitarias específico para o Camiño de
Santiago, unha proposta na que a Comunidade xa ten avanzado da man do
Instituto da Calidade Turístico Española (ICTE) e á que convidará a
sumarse a todos os territorios polos que discorre a Ruta Xacobea co
obxectivo de traballar de xeito conxunto.
A Comisión Executiva do
Consejo Jacobeo, órgano de coordinación entre o Goberno central e as
comunidades autónomas, reunirase por vía telemática despois de que así
fose solicitado pola Xunta de Galicia ao Goberno central o pasado 13 de
abril. Desde entón, mantivéronse encontros con numerosos colectivos
dunha quincena de países dos cinco continentes co fin de recoller as
súas achegas coa máxima axilidade e detalle.
Os representantes da
Consellería de Cultura e Turismo exporán os pasos que se están a dar
desde Galicia para traballar na reactivación do Camiño e na
reconfiguración do Xacobeo 2021 e reiterarán a petición de ampliar as
desgravacións fiscais polo Ano Santo durante todo o 2022, unha medida
que polo de agora abarca só ata o 30 de setembro de 2021. Prolongar os
seus efectos como acontecemento de excepcional interese público
estimularía os recursos privados e multiplicaría a súa repercusión.
Grupos de expertos e estudo coa USC
Sobre
o labor impulsado desde Galicia, atópase a creación dun grupo de
expertos que se reunirá por primeira vez esta mesma semana. Estará
composto por membros de todos os colectivos implicados como as
asociacións de amigos do Camiño, a Igrexa ou a administración local,
ademais de expertos do ámbito económico, cultural e turístico da
Comunidade, entre outros. Froito da súa análise, elaborarán unha folla
de ruta que permita reorientar o Xacobeo 2021 para que sexa un motor de
reactivación económica que favoreza a dinamización do rural e potencie
as industrias cultural e turística.
Vencellado a este grupo, a
Xunta traballa xa coa Universidade de Santiago, a través do Instituto
de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), na elaboración dun
estudo sobre o impacto da crise sanitaria no Camiño, unha ferramenta
indispensable que orientará as políticas de reactivación ante a
oportunidade que supón o Xacobeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario