As garderías de Tomiño abren o prazo de matrícula
As solicitudes presentaranse nas propias escolas, con cita previa
Na imaxe, unha actividade cultural para os máis noviños
Foto: Arquivo C.T.
Infogauda / Tomiño
As escolas infantís A Galiña Azul de Tomiño (O Seixo e Goián) xa teñen aberto o proceso de inscrición do alumnado para o curso 2020/21. O prazo de presentación de solicitudes rematará o venres 29 de maio, como recolle a Resolución do 27 de abril pola que se convoca este procedemento para as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
As
solicitudes presentaranse nas propias escolas, con cita previa. No caso da
escola do Seixo, a cita pode pedirse chamando aos teléfonos 986 622 887 ou 638
299 581, en horario de 8.00 a 15.00 horas. Tamén é posible solicitar a cita a
través do correo electrónico escolainfantil.tomino@igualdadebenestar.org.
En
Goián, chamar aos números de teléfono 986 620 385 ou 617 337 288 (de 08.00 a
15.00h), ou escribir a escolainfantil.tomino.goian@igualdadebenestar.org.
A
documentación necesaria para a inscrición é o Libro de Familia e o volante de
empadronamento. Este pode solicitarse no Concello de Tomiño (Sede electrónica
tomino.gal, por teléfono 986 622 001, ou ben, enviando un correo electrónico
ao enderezo beatriz.miranda@tomino.gal).
O
impreso de matrícula pode recollerse nas propias escolas infantís ou baixalo de
internet en sede.xunta.gal.
Asemade,
toda a información relativa ao proceso, así como os formularios normalizados do
procedemento, poderán consultarse e descargarse na páxina
web da rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul.
Outro
enlace de interese para ampliar a información é a Resolución da Xerencia do Consorcio pola que se convoca o procedemento de
adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2020/21 (DOG nº 94
do 15/05/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario