Un profesor do IES Antón Alonso Ríos fai un vídeo con persoeiros e actores que felicitan ao alumnado polo seu bo comportamento
· O traballo audiovisual fixo moita ilusión aos rapaces e rapazas de Secundaria
Cabeceira do vídeo
Infogauda / Tomiño
O profesor de Xeografía e Historia do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, Kike Portela, conseguiu elaborar un vídeo para felicitar ao alumnado do instituto polo seu bo traballo e comportamento durante o confinamento.
Neste vídeo, o profesor da as grazas ao alumnado polo traballo que están a desenvolver e a súa responsabilidade durante a corentena e dando “unha gran lección de vida aos adultos”. Para dar ánimos aos estudantes, o docente, conseguiu que unha vintena de persoas galegas, do mundo da arte, a comunicación, o teatro e a televisión, gravaran unha mensaxe de ánimo e déranlles os seus parabéns polo esforzo realizado.
O vídeo, subido a You Tube, fixo moita ilusión ao alumnado, especialmente pola participación do actor vigués Pedro Alonso (Berlín, na serie La Casa de Papel), que é sobrino neto de Antón Alonso Ríos, e que anima ás novas xeracións a mellorar o país e o mundo.
Dende o Concello de Tomiño, agradecen o traballo e comportamento do alumnado dos IES e felicitan ao profesor Kike Portela pola súa grande idea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario