Convocatoria de Pleno Extraordinario
· Celebrarase a petición do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, o xoves 28 de maio de 2020 ás 12:00 horas, na Casa do Concello
Concelleiras/os do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia
Foto: G.M.S.
Foto: G.M.S.
Infogauda / Oia
A petición do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia, o vindeiro xoves día 28 de maio de 2020, ás 12:00 horas, celebraráse no Salón de Plenos do Concello de Oia, unha sesión extraordinaria para tratar sobre as axudas a Pemes e autónomos polo Covid-19.
DECRETO DE CONVOCATORIA DE PLENO EXTRAORDINARIO
Dacordo co disposto no artigo 46.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, os plenos extraordinarios celebraránse cando o decida o Alcalde ou o solicite a cuarta parte do número legal de membros da corporación. Vista a solicitude de pleno extraordinario presentada por tres concelleiros da oposición o pasado 13 de maio ( R.E. 893), considerando que desde a declaración do estado de alarma o pasado 15/03/2020, a través do Real Decreto 463/2020, quedaron suspendidos todos os eventos que poidan supoñer a reunión de xente, para evitar os contaxios do Covid-19, na situación de emerxencia sanitaria que xerou a proliferación do virus a nivel mundial, o que afectou tamén ás sesións dos órganos colexiados das entidades locais. Tendo en conta que o real Decreto Lei 11/2020 estatal modificou o artigo 46 da lei de bases de réxime local 7/85 de 2 de abril, engadindo un apartado, o 3, que autoriza a celebración de sesións telemáticas dos organos colexiados locais, ata o de agora inviables. Nesta situación, estando solicitado un pleno extrordinario, e non contando aínda coa infraestructura necesaria para a celebración telemática dos plenos, consensuamos cos concelleiros da oposición a celebración dun pleno con menos quórum, a fin de garantizar que poidamos cumplir as medidas de seguridade sanitaria, con distancia, polo que na vindeira sesión estaremos solo 4 concelleiros do PP, 2 do PSOE e o concelleiro do BNG. De conformidade co disposto no artigo 46.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, que prevé a convocatoria dos plenos así solicitados no prazo de 15 días hábiles desde a solicitude, esta Alcaldía-Presidencia RESOLVE:
PRIMEIRO: Convocar a Sesión Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día xoves 28 de maio de 2020, ás 12:00 horas no salón de sesións do Concello, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quorum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte ORDE DO DIA:
1.- Actuacións realizadas polo concello desde a declaración do estado de alarma.
2.- Medidas a tomar de carácter económico, destinadas a reducir a carga impositiva dos nosos veciños, tendo en conta que os seus ingresos están significativamente mermados; entre elas poderánse revisar: redución de IBI, tasa de residuos sólidos urbanos e reducción da tasa de vehículos de tracción mecánica.
3.-Reparto de máscaras e luvas para toda a poboación durante este proceso de desescalada que comezou o día 11 tendo en conta o acopio de material por parte do concello e as achegas da Deputación Provincial.
SEGUNDO: Notificar a presente Resolución aos Sres. Concelleiros, advertíndo-lles que, conforme ao disposto, polo artigo 12.1 do citado R.D. 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar ca antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir a citada sesión.
TERCEIRO: Que pola Secretaría-Intervención deste Concello se poña a disposición dos Sres. Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orden do día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario