A Xunta de Galicia convoca as axudas para que as Anpas de educación especial financien as súas actividades
O DOG publica hoxe a Orde na que se habilitan 73.927 euros para financiar actividades, gastos de material e mantemento de instalacións
Infogauda / Galicia
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas
para financiar actividades das confederacións, federacións e
asociacións de nais e pais de alumnado de centros de educación especial
para este ano 2020. En total o departamento educativo da Xunta
destinará a estas axudas un orzamento de 73.927,15€, contía que pode
ampliarse, tal e como se recolle na propia convocatoria, coas
transferencias que se reciban do Ministerio de Educación e Formación
Profesional.
As axudas van destinadas tanto para a realización de
actividades como para sufragar gastos derivados da xestión,
administración, adquisición de material non inventariable e mantemento
ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado
As
entidades interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 25 de xuño para
facer a correspondente solicitude, que deberá presentarse
obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos
mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica
da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
Ningún comentario:
Publicar un comentario