ESTE VENRES REMATA O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/21 NAS ESCOLAS INFANTÍS PÚBLICAS AUTONÓMICAS E NAS PRAZAS CONCERTADAS
· A presentación das solicitudes deben realizarse preferentemente de maneira telemática a través da sede electrónica da Xunta
· Será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos
· En cada unha das sete principais cidades de Galicia, polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as oito da tarde
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia mantén aberto ata o vindeiro venres día 29 o prazo de inscrición para o curso 2020/21nas escolas infantís públicas autonómicase nas prazas públicas concertadas en escolas infantís de iniciativa privada.
Coa apertura do prazo de matrículas, a Xunta procura diminuír a inquedanza das familias sobre o vindeiro curso nas escolas de 0 a 3 anos, á espera de que o Goberno central fixe uns criterios claros sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros.
A presentación das solicitudes debe realizarsepreferentemente de maneira telemática a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia. Con esta medida, trátase de evitar que as familias se teñan que desprazar nesta situación de emerxencia sanitaria.
Novidades
No vindeiro curso haberá dúas grandes novidades. En primeiro lugar, este será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos na atención educativa. En segundo lugar, en cada unha das sete principais cidades de Galicia polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as oito da tarde, co fin de mellorar a conciliación das familias.
Cómpre indicar que as prazas públicas da rede autonómica e as contratadas en escolas privadas compleméntanse coas prazas que a Xunta financia en escolas de iniciativa social e a través do Bono Concilia, así como coas que dependen dos concellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario