21 de maio de 2020

A GUARDA

A Policía Local retomará o control da Zona Azul 

· A partires do 25 de maio  

Sinal informativa da Zona Azul na vila de A Guarda
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Tráfico e Mobilidade do Concello da Guarda informa que a partires do vindeiro luns día 25 de maio, retomará o funcionamento habitual do sistema de aparcamento con horario limitado da Zona Azul na vila.  

 Debido ás limitacións de mobilidade impostas dende a declaración do estado de alarma pola pandemia do Covid-19, decidiuse deixar sen efecto temporalmente esta zona de aparcamento con horario limitado.  

 A Zona Azul da Guarda permite un aparcamento limitado de unha hora en varias rúas do casco urbano da vila, favorecendo deste xeito a rotación de vehículos para facer compras e xestións. Os reloxos da Zona Azul se poden recoller de xeito gratuíto nas dependencias da Policía Local na Praza do Reló s/nº ou nos comercios da zona.  

 A maiores da Zona Azul, dende a Concellería de Tráfico e Mobilidade do Concello da Guarda recórdase das zonas de aparcamento disuasorio existentes na Rúa Coruña, Campo de Fínola ou o aparcamento da “Eléctrica” con accesos dende as rúas Mariano Ordóñez e Rúa Brasil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario