27 de maio de 2020

A GUARDA

Con motivo do Corpus, 2020
A ASOCIACIÓN CULTURAL ALFOMBRAS DA GUARDA PROMOVE UNHA ACTIVIDADE PARA REALIZAR NA CASA




Infogauda / A Guarda

  A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, que preside Emilia Baz Vicente, vén de dar a coñecer a actividade que promove á devandita asociación, con motivo do Corpus 2020.

 Como continuamos en estado de alarma, por causa da pandemia do Covid-19, e a fin de evitar contaxios e todos os inconvintes que conlevan para a saúde pública,  este ano non será posible á celebración da festividade do Corpus Christi coas tradicionais alfombras florais e de sal, que os grupos veciñais viñan confeccionado desde fai varias décadas, e que logo dun intenso traballo previo na recollida e debullado dos materiais naturais, ao longo de varias semanas, culminaba no Domingo do Señor, coas rúas cubertas de verdadeiras obras de arte efémera na honra do Santísimo Sacramento. 

 En todo caso, desde a Asociación Cultural Alfombras da Guarda, pensaron "nunha actividade para realizar na casa coa familia ou os amigos", convidando a facer ás alfombras florais no ámeto doméstico, empregando neste labor os materiais que cada quen estime convintes, e documentando mediante unha foto o proceso de elaboración da alfombra e outra ao rematala. As devanditas fotos deberán enviarse ao seguinte correo electrónico:

asociacionalfombrasaguarda@gmail.com

 A Asociación Cultural Alfombras da Guarda ten previsto facer un vídeo coas fotos recibidas que publicaránse na súa páxina do Facebook e na súa web.

 Esta iniciativa está organizada pola Asociación Cultural Alfombras da Guarda coa colaboración do Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario