A Xunta de Galicia envía 32.293 novas unidades de material de protección aos catorce concellos que compoñen a área territorial de Vigo
Desde o inicio do reparto a sede autonómica viguesa repartiu 74.000 luvas, 34.640 máscaras cirúrxicas, 1.161 traxes antisalpicaduras e produtos de desinfección
Ata o de agora, o goberno galego enviou ao Concello de Vigo máis de 68.569 unidades de material de protección na cidade
A Administración autonómica reitera que todo o material entregado foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado
Infogauda / Vigo
A Xunta, a través da Delegación
Territorial de Vigo, vén de enviar 32.293 unidades de material de
protección aos catorce concellos que conforman a área metropolitana. En
total, foron 11.696 máscaras, 20.400 guantes e 197 traxes
antisalpicaduras.
O Goberno xa repartiu material de protección ao
100% dos concellos da área viguesa priorizando ao inicio aos concellos
pequenos e medianos e ampliando a semana pasada a entrega á cidade de
Vigo.
A día de hoxe, achegáronse aos catorce concellos da área
74.000 luvas, 34.640 máscaras, 159 botes de xel hidroalcohólico, 1.161
traxes antisalpicaduras, 410 batas, 7 garrafas de desinfectante e 128
unidades de lixivia.
No que respecta ao Concello de Vigo, ata o de
agora enviáronse máis de 68.569 unidades de material de protección en
conxunto na cidade. Así, nun primeiro envío foron 15.492 máscaras,
30.000 guantes e 246 traxes; e 7.746 máscaras, 15.000 guantes e 123
traxes nun segundo envío esta semana.
O material está sendo
destinado aos concellos para o seu uso, principalmente, no Servizo de
Axuda no Fogar e en Protección Civil, segundo as informacións
facilitadas polos propios municipios.
A Administración autonómica
reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co
procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi
inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario