A Xunta de Galicia, a través do comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores, xa está avaliando 55 proxectos
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe por videoconferencia na reunión do Comité, na que agradeceu a colaboración do tecido empresarial galego para actuar desde a solidariedade e a responsabilidade, amosando unha vez máis o seu saber
O conselleiro de Economía, Emprego e
Industria, Francisco Conde, no decurso da reunión telemática co Comité de fabricación de equipamento sanitario
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
O conselleiro de Economía, Emprego e
Industria, Francisco Conde, participou esta mañá na primeira reunión do
Comité de fabricación de equipamento sanitario e para a prevención en
materia de saúde laboral -do que tamén forman parte as consellerías de
Sanidade e Política Social- e que ten por cometido coordinar entre o
tecido empresarial a oferta e a demanda do material necesario no
contexto actual de emerxencia sanitaria. Segundo explicou, xa se están
avaliando 55 proxectos.
O Comité pretende aproveitar as
capacidades da industria galega para a fabricación do equipamento que
máis se está necesitando nestes intres tanto nos centros hospitalarios
como nos centros de atención a maiores e persoas con discapacidade, así
como noutros lugares de traballo. En concreto, equipos de protección
individual, luvas, mascarillas, produtos desinfectantes ou pezas para
respiradores.
“Desde a Xunta seguimos traballando para dar
resposta á necesidade que temos no eido sanitario, nos servizos sociais e
na industria de equipamento tanto sanitario como de protección para que
as actividades se poidan desenvolver con todas as garantías de
seguridade para os traballadores e cidadáns”, explicou Conde, quen
avanzou que xa se identificaron 55 proxectos “cos que estamos
traballando para que o tecido empresarial dea unha resposta efectiva que
permita obter este equipamento”.
Ante o número de propostas
recibidas por parte das empresas galegas que están a poñer a súa
infraestrutura ao servizo da pandemia ou que se están reinventando a
través da innovación para fabricar produtos necesarios, Conde agradeceu
esta colaboración e destacou que o tecido empresarial está actuando
desde a solidariedade e a responsabilidade, amosando o seu saber.
Así,
todas esas propostas recibidas estanse canalizando a través da
plataforma Marketplace que está xestionando xa 55 propostas viables que
se avaliaron na xuntanza de hoxe. Destacan os EPIS doados por Ceaga, as
batas médicas xestionadas polo clúster téxtil Cointega, os mandís
impermeables que fabrica a industria do plástico, pantallas protectoras,
respiradores que están fabricando Bendix e Cinfa, ou o pedido de
mascarillas no que colabora Gabadi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario