16 de abr. de 2020

TOMIÑO

O Servizo de Educación e Apoio Familiar continúa aportando propostas para o tempo En Familia, coa incorporación de pautas sobre Intelixencia Emocional

Cada semana inclúense novas actividades e trucos En Familia


    Foto: C.T.

Informa: Concello de Tomiño

 Cada semana inclúense novas actividades e trucos En Familia para aproveitar e mellorar a convivencia no fogar, dirixidas sobretodo a nenxs ata os 13 anos. Unha das vantaxes que ten esta situación é que temos máis tempo para coñecernos máis a nós mesmos e aos nosos fillos e fillas.     

 Recoñecer e comprender os nosos sentimentos, saber xestionar as nosas reaccións emocionais, a empatía ou as habilidades sociais son aspectos a ter en conta en calquera situación, xa que son clave para o noso benesar mental e, en definitiva, para a nosa calidade de vida. Máis importante é, se cabe, ser capaces de manexar positivamente as nosas emocións en situacións coma este recollemento familiar no fogar, na que nos podemos sentir limitadxs e/ou sobrepasadxs.     

 Con esta perspectiva, desde o Servizo de Educación e Apoio Familiar pretendemos aportar pautas e recursos que incidan neste aspecto e que axuden ás familias a conseguir o tan desexado equilibrio emocional. Neste sentido contamos coa colaboración cercana do Centro Lingoreta, comprometéndonos coa optimización do desenvolvemento infantil a nivel emocional, conductual e social. Diana Lameiro, a súa directora, concedeu recentemente unha entrevista na que fala, precisamente, sobre a importancia da educación emocional. Aporta estratexias e ideas para desenvolver no eido familiar. Animámosvos a levalas á práctica.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario