14 de abr. de 2020

TOMIÑO

CADERNO 2 DE ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN CONGNITIVA PARA REFORZAR A MEMORIA 

A Asociación Párkinson Baixo Miño agradece o esforzo que están facendo os Servizos Sociais dos concellos no reparto dos cadernos 



Infogauda / Tomiño

 O departamento de Benestar Social do Concello  de Tomiño está colaborando coa Asociación Párkinson Baixo Miño, no reparto entre os usuarios e usuarias do servizo, dun caderno que se elabora semanalmente, con exercizos de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa. 

 O 2º caderno xa está a disposición de todas as persoas que o desexen, no enlace: https://drive.google.com/open?id=1E6Nfs1r75IziTIbiC_jtHegBAWkWiDoi 

 O Concello lembra que calquera persoa pode recibilos na súa casa en papel. Para solicitalos teñen que chamar aos teléfonos 627 438 882 / 690 006 266 ou enviar un correo a parkinsonbaixom@gmail.com indicando o nome e o enderezo. 

 Dende a Asociación Párkinson Baixo Miño agradecen o esforzo que están facendo os Servizos Sociais dos concellos no reparto dos cadernos. Semanalmente, publicaranse máis cadernos cos enlaces para acceder a eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario