18 de abr. de 2020

TOMIÑO

Unha centenaria de Tomiño recibe un agasallo de parte do Concello na residencia de maiores na que vive

· Na vila hai dúas residencias de maiores de titularidade privada nas que, afortunadamente, até o momento non se detectaron casos positivos de Covid-19

María Gregorio López co agasallo que lle fixo chegar a Concellería de Benestar Social do Concello de Tomiño
Fotos: C.T.
María Gregorio López degustando os bombóns na celebración do seu centenario

Infogauda / Tomiño

 María Gregorio López vive no Geriátrico Residencial Tomiño (barrio da Salgosa). O día 16 de abril cumpriu 100 anos. Debido ao confinamento, tivo que celebrar o seu centenario sen a presenza dos seus tres fillos: Fermín, Jose M. e Mª Joaquina. A Concellería de Benestar Social, que dirixe Cristina Martínez, fíxolle chegar un pequeno agasallo (unha caixa de bombóns) a través de dous voluntarios de Protección Civil Tomiño, que tamén lle levaron unha tarxeta de felicitación, desexándolle que continúe con boa saúde, coma ata agora, e moito ánimo para sobrelevar estes momentos difíciles. 


Dous voluntarios de Protección Civil Tomiño entregando nas portas do Geriátrico Residencial Tomiño, o agasallo a unha traballadora dese centro de maiores


 Tomiño conta cunha decena de persoas centenarias na actualidade e os habitantes de entre 80 e 100 anos superan os 900. Na vila hai dúas residencias de maiores de titularidade privada nas que, afortunadamente, até o momento non se detectaron casos positivos de Covid-19.

Ningún comentario:

Publicar un comentario