Feijóo destaca a creación dun fondo de continxencia para reorientar gasto corrente e reforzar o gasto sanitario e social como consecuencia do COVID-19
Destaca que se trata dun fondo dotado con 100 M€
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta de Galicia
Foto: X.G.
Incide en que “todo o orzamento da Xunta prioritariamente está dedicado á emerxencia sanitaria e tamén á emerxencia económica que estamos vivindo”
Subliña a reactivación de máis de 500 obras do sector público autonómico
Infogauda / Galicia
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a
creación dun fondo de continxencia específico para reorientar gasto
corrente e poder así reforzar o gasto sanitario e social como
consecuencia do COVID-19. “Levamos a cabo unha reprogramación de gastos
correntes da Xunta de Galicia”, dixo, subliñando que este fondo estará
dotado con 100 millóns de euros, que se sumarán ao xa presupostado para
as partidas de Sanidade e servizos sociais.
O titular do Goberno
galego recordou que o consignado para o Sergas este ano é máis de 4.100
millóns de euros —o maior orzamento da súa historia e un 9% máis que en
2009— e o destinado a servizos sociais ascende a 821 M€—o maior
orzamento neste eido e un 44% máis que en 2009—. Tamén salientou que
para poder facer esta reprogramación aforráronse custes no funcionamento
de centros educativos ou centros administrativos da Xunta (aforros en
auga, calefacción, subministros, etc.), entre outros. Ademais, destacou
que “todo o orzamento da Xunta prioritariamente está dedicado á
emerxencia sanitaria e tamén á emerxencia económica que estamos
vivindo”.
Reactivación das obras do sector público
O
titular do Goberno galego avanzou tamén o acordo de reactivar máis de
500 obras do sector público autonómico. Desas 500, un total de 100
estaban en licitación —e vanse adxudicar—ou aínda non estaban licitadas
—e iniciarase o proceso de licitación—. Feijóo destacou que, en total,
superaranse as 500 obras, o que supón un investimento de 300 M€ e 5.370
empregos e valorou esta medida como “fundamental para reactivar a
economía de Galicia”.
Así, subliñou que é unha decisión que se adopta dentro do respecto ás medidas de Sanidade e aproveitou para pedir a todas as empresas que cumpran escrupulosamente coas medidas de seguridade para os traballadores.
Así, subliñou que é unha decisión que se adopta dentro do respecto ás medidas de Sanidade e aproveitou para pedir a todas as empresas que cumpran escrupulosamente coas medidas de seguridade para os traballadores.
O presidente da Xunta destacou
exemplos das obras que se reactivan: obras en centros educativos que hai
que finalizar antes do próximo curso; obras das intermodais; de
conservación, de mantemento e construción de centros de saúde; para
manter a construción dos novos hospitais de Galicia; de abastecemento e
saneamento de augas; ou a obra da Cidade da Xustiza de Vigo.
Feijóo
sinalou que a reactivación tería efecto o luns posterior á Semana
Santa, cando a construción e outro tipo de actividades industriais
volverán a estar permitidas.
Adianto do pago do primeiro trimestre da quenda de oficio
Por
último, Feijóo resaltou a autorización do adianto do pago
correspondente ao primeiro trimestre da quenda de oficio destinado aos
Colexios de Avogados e de Procuradores de Galicia.
En concreto,
explicou que se procederá a abonar hoxe o mesmo pago que no anterior
trimestre e, despois, axustarase en función das liquidacións. Esta
medida tómase porque, ante a situación excepcional causada polo
coronavirus, resultan máis complicadas as tarefas de comprobación e
revisión das certificacións que os Colexios trasladan ao rematar cada
trimestre.
Así, para evitar atrasos, a Xunta abonará a mesma
contía que no trimestre anterior, e despois axustarase en función das
certificacións remitidas polos Colexios. En concreto, a cantidade que se
pagará ascende a: 2,9 millóns para os Colexios de Avogados; e a algo
máis de 275.000 euros para os de Procuradores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario