A liña da Xunta de Galicia para achegar liquidez a pemes e autónomos polo covid-19 recibiu xa 418 solicitudes para apoiar préstamos por 34 M€
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron hoxe unha videoconferencia con representantes da Federación Galega da Construción
Lembran que a volta á actividade deste sector e do resto de industrias non esenciais debe ser en condicións de máxima seguridade para os traballadores
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a
conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron
esta mañá un encontro con representantes da Federación Galega da
Construción
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a
conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron
esta mañá un encontro con representantes da Federación Galega da
Construción e das asociacións provinciais no que se puxo de relevo que
as medidas económicas activadas pola Xunta buscan que, unha vez se
supere o Covid-19, a recuperación do tecido empresarial sexa o máis
rápida posible. Neste sentido, Conde salientou que a nova liña para
inxectar liquidez a autónomos e pemes recibiu desde a súa activación o
pasado xoves 418 solicitudes para préstamos por un valor total de máis
de 34 millóns de euros.
Na reunión, celebrada por
videoconferencia, sinalouse tamén a importancia de que a volta á
actividade tanto da construción como do resto de sectores considerados
non esenciais, unha vez rematado o permiso retribuído fixado polo
Goberno, se produza en condicións de máxima seguridade para os
traballadores.
Ademais, Conde fixo fincapé na importancia para a
economía galega da construción, un sector no que desenvolven a súa
actividade máis de 75.000 traballadores, dos cales 26.000 son autónomos,
e sinalou que a formación vai ser clave cando a reactivación sexa total
e se poida volver traballar con normalidade. Así, lembrou que a Xunta
segue reclamando unha rectificación por parte do Goberno e “reverter a
decisión unilateral de confiscar 100 millóns de euros destinados á
formación en Galicia”, pechando oportunidades a traballadores de todos
os sectores. En concreto, no sector da construción foron 500 persoas as
que participaron o ano pasado nos diferentes cursos que este ano non se
poderán convocar.
Así mesmo, reiterouse que o Goberno debe ter a
máxima sensibilidade coas familias afectadas por un expediente de
regulación temporal de emprego (ERTE) e pagar as prestacións por
desemprego a medida que os expedientes se vaian resolvendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario