Feijóo trasladará ao Goberno novas medidas para empezar a levar a cabo na Comunidade como: a apertura de mercados ao aire libre, a rehabilitación en edificios ou a práctica de deportes individuais
Expón tamén a apertura da actividade en talleres e concesionarios, así como a posibilidade da apertura doutros establecementos comerciais, coas limitacións que sexan precisas, como o límite de aforo ou a cita previa
O presidente do Goberno galego, Alberto
Núñez Feijóo
Foto: X.G.
Insiste en que, “a estas alturas”, é imprescindible un horizonte previsible de volta á nova normalidade en todos os sectores económicos: gradual, dinámico e reversible
Subliña que a Xunta está a avaliar as primeiras bases da desescalada que considera razoable plantexar xa en Galicia, apostando por unha desescalada por zonas e subzonas; cunha peza separada para o rural; e que teña en conta a idade, as características demográficas, a mobilidade e o estudo epidemiolóxico en marcha
Infogauda / Galicia
O presidente do Goberno galego, Alberto
Núñez Feijóo, avanzou hoxe tras a reunión do Consello que este domingo
trasladará ao Goberno de España novas medidas que se poden empezar a
levar a cabo na Comunidade, como a venda de produtos agrícolas e
gandeiros en mercados municipais ao aire libre; abrir a rehabilitación
en edificios; ou a práctica de deportes individuais, durante unha hora
ao día, como poden ser ir a correr ou camiñar.
Nesta mesma liña, expuxo tamén a posibilidade de contemplar a apertura doutros establecementos comerciais, tal e como xa fixeron noutros países, coas limitacións que sexan precisas, empezando polas pequenas superficies e limitando aforos ou con cita previa. Ademais da apertura da actividade en talleres e concesionarios, garantindo a seguridade.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta fixo fincapé en que é imprescindible, “a estas alturas”, un horizonte previsible de volta á nova normalidade en todos os sectores económicos: gradual, dinámico e reversible, para tomar decisións persoais, laborais e empresariais. “Estamos a falar da necesidade de aclarar as condicións de volta ao traballo previsible, no ámbito social e no ámbito educativo, así como dun sistema de apertura e peche flexible”, dixo, subliñando que o Executivo galego está a avaliar as primeiras bases da desescalada que considera razoable plantexar xa en Galicia, de acordo coa situación da pandemia e a situación epidemiolóxica da Comunidade.
Feijóo concluíu incidindo en que a desescalada só se pode facer se hai seguridade sanitaria. “Todas as decisións de ir abrindo distintos sectores económicos teñen que ter o respaldo sanitario”, recalcou, insistindo en que manter a distancia social, o lavado de mans de forma constante, extremar as precaucións e o uso de mascarillas en determinados contextos e para determinadas persoas é o que vai permitir conter a pandemia e volver á nova normalidade.
Nesta mesma liña, expuxo tamén a posibilidade de contemplar a apertura doutros establecementos comerciais, tal e como xa fixeron noutros países, coas limitacións que sexan precisas, empezando polas pequenas superficies e limitando aforos ou con cita previa. Ademais da apertura da actividade en talleres e concesionarios, garantindo a seguridade.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta fixo fincapé en que é imprescindible, “a estas alturas”, un horizonte previsible de volta á nova normalidade en todos os sectores económicos: gradual, dinámico e reversible, para tomar decisións persoais, laborais e empresariais. “Estamos a falar da necesidade de aclarar as condicións de volta ao traballo previsible, no ámbito social e no ámbito educativo, así como dun sistema de apertura e peche flexible”, dixo, subliñando que o Executivo galego está a avaliar as primeiras bases da desescalada que considera razoable plantexar xa en Galicia, de acordo coa situación da pandemia e a situación epidemiolóxica da Comunidade.
Unha desescalada por zonas e subzonas, cunha peza separada para o rural
Sobre este punto, referiuse a algunhas cuestións que a Administración autonómica terá en conta no traballo de desescalada que xa está facendo para propoñer ao Goberno central, entre as que destacou: establecer a desescalada por zonas e subzonas; facer unha peza separada para o rural; e ter en conta a idade dos cidadáns, as características demográficas de cada zona e subzona, a mobilidade que se produce e o estudo epidemiolóxico, que xa está en marcha. “En definitiva, empezamos a traballar na desescalada que ten que ser progresiva, rigorosa e dinámica”, dixo.Feijóo concluíu incidindo en que a desescalada só se pode facer se hai seguridade sanitaria. “Todas as decisións de ir abrindo distintos sectores económicos teñen que ter o respaldo sanitario”, recalcou, insistindo en que manter a distancia social, o lavado de mans de forma constante, extremar as precaucións e o uso de mascarillas en determinados contextos e para determinadas persoas é o que vai permitir conter a pandemia e volver á nova normalidade.
“Non
podemos baixar a garda”, aseverou, trasladando a confianza en todos os
galegos, que durante estas seis semanas, recordou, “están tendo un
comportamento exemplar”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario