27 de abr. de 2020

A GUARDA

O BNG DA GUARDA PIDE A CELEBRACIÓN DUN PLENO EXTRAORDINARIO

· Para abordar as medidas económicas e sociais que debe tomar o Concello para a saída da crise provocada polo COVID-19

Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello da Guarda
Foto: BNG

Infogauda / A Guarda  

 O BNG presentou por rexistro a petición de convocatoria dun pleno extraordinario para abordar  unha serie de medidas económicas, sociais e medioambientais  para contrarrestar os efectos da crise provocada polo COVID-19.   

 O portavoz municipal do BNG Anxo Lois Baz Vicente, manifestou: “A complexa situación que se nos ven encima non pode solucionala o Concello, pero o Concello si pode e debe  poñer en marcha unha serie de medidas que minimicen na medida do posíbel os efectos da crise social e económica que está provocando o COVID-19”.   

 O portavoz nacionalista adianta tamén que “a petición do pleno vai acompañada dunha moción  na  que se abordan  as medidas urxentes que propoñemos. Dividido en 5 apartados a  moción contempla  medidas que van desde a reactivación da economía local, a mellora dos servizos sociais, sin esquecer melloras mediambientais e  medidas no ámbito  da mobilidade e da seguridade vial”.   

 Anxo Baz acabou concluindo, “esta proposta  non está pechada e estamos abertos a consensuar todas aquelas medidas que contribuian a saír desta situación da mellor maneira posíbel”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario