Na loita contra o coronavirus COVID-19
A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DA PARROQUIA DA GUARDA PÚXOSE A DISPOSICIÓN DO CONCELLO PARA ORGANIZAR GRUPOS DE LIMPEZA
Dende o inicio desta pandemia, esta Comunidade de Montes Veciñais en Man Común púxose a disposición do Concello para organizar grupos de limpeza, que de xeito voluntario e altruísta quixeran facer eses labores e por nosa parte, se incorporaría o capataz, poñendo tamén o vehículo todoterreo, un depósito de 500 litros de capacidade ca súa correspondente motobomba, con desinfectante e os aspersores que foran necesarios, así como tamén se incorporou o tractor para levar unha máquina atomizadora proporcionada polo Concello, que pulveriza e expande un produto desinfectante, e que ten uso por tódolos lugares das tres parroquias da nosa localidade.
Tamén, como en distintos operativos cos que temos colaborado co Concello, se puxeron a disposición do mesmo, todo tipo de maquinaria e ferramentas da Comunidade de Montes.
Despois de varias conversas, se fixo unha planificación para a limpeza e desinfección de distintas áreas co concelleiro de Vías e Obras, Servizos á Cidadanía, Infraestructuras, Tráfico e Mobilidade, Don Miguel Ángel Español Otero, marcándose diversas zonas, onde a Comunidade de Montes, xuntos cas brigadas municipais, se encargarían de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, como: entorno de supermercados e áreas comerciais, arredores de estancos, farmacias, Praza de Abastos, ou zona exterior do Centro de Saúde, e os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros que poderían ir xurdindo en calquera momento. En fin, levar a cabo no maior espazo posible de accións de desinfección e limpeza recomendada nos distintos protocolos elaborados pola dirección sanitaria, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, suministrando por parte do Concello os produtos indicados e recomendados a nivel autonómico e estatal.
Os traballos se están facendo a partir das 6 da mañá en varias tandas para que a seguridade sexa a máxima para os veciños que o día seguinte acudan eses lugares, ven sexa para traballar ou para facer uso desas instalacións comerciais.





Ningún comentario:
Publicar un comentario