Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda
Informa: Concello de A Guarda
O Programa de
Educación e Apoio Familiar (PEAF) do
Concello de A Guarda, informa que a partir do 7 de abril retomarase a
asistencia psicolóxica aos menores e as súas familias na modalidade de atención
telefónica.
Sendo conscientes de
que esta situación de confinamento pode xerar efectos emocionais negativos,
pretendemos minimizar o seu impacto, prestando especial atención á prevención e
aos coidados relacionados coa saúde emocional, tratando de reducir ao máximo as
situacións de risco que, neste contexto actual, poidan acontecer.
Como un dos colectivos
máis vulnerables, consideramos
primordial que as familias do PEAF sigan atendidas, tendo en conta máis
que nunca as súas necesidades, acompañando e cooperando ao máximo neste momento
que todos e todas estamos vivindo.
AXUDA
PSICOLÓXICA FRONTE AO CORONAVIRUS – COVID19
PARA O PERSOAL TRABALLADOR
A evolución da situación actual pode influír no estado emocional das persoas, sobre todo dando lugar a condutas de alerta pouco eficaces a nivel persoal e social. Por este motivo o Concello pon a disposición dos profesionais que estean traballando nestes momentos no ámbito sanitario, educativo, forzas e corpos de seguridade ou atención a persoas, unha acción encamiñada a promover un afrontamento psicolóxico adecuado a esta situación de crise.

Este recurso está
destinado a dar apoio e ferramentas que axuden a soportar as situacións de
intenso traballo, esgotamento físico e emocional e elevada incerteza que esta
situación está provocando, coa intención de poder axudar a xestionar o malestar
psicolóxico actual, previndo o desenvolvemento de problemas psicolóxicos
futuros.
EN
QUE CASOS BUSCAR AXUDA PROFESIONAL?
Os
profesionais que sintan un nerviosismo abafante, unha tristeza persistente ou
outras reaccións prolongadas que afecten
negativamente ao seu desempeño laboral ou relacións interpersoais, poden
consultar cun profesional da saúde mental que o Concello porá a súa disposición
dun xeito gratuíto.
Teléfono para atención psicolóxica ao personal
traballador fronte ao COVID 19
Os teléfonos a través dos cales podes contactar para solicitar unha cita de
asistencia psicolóxica son o 680 187 937 (educación familiar) e o 986 614 507 (servizos sociais).
·
Luns a venres, en horario
de 10:00 a 14:00 h.

Ningún comentario:
Publicar un comentario