I FESTIVAL DE XUVENTUDE
O mércores día 18 de marzo, desde ás 22:30 horas, na praza da Guía
Ricardo Rodríguez Vicente / Ribadavila (A Guarda)
Organizado pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "A Guía", o mércores día 18 de marzo, desde ás 22:30 horas, na Praza da Guía, dará comezo o I Festival de Xuventude, no cal o grupo América, de Vigo ofrecerá un potente concerto cun repertorio que todos seus siareiros coñecen e que con certeza vai ser do agrado do respectable público.
Ademáis de brindar unha espectacular noite de diversión e de boa música, o evento - que contará con cantina da devandita asociación - ten como finalidade apoiar ás festas na honra da Virxe da Guía, 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario