Á VECIÑANZA DA PROBA, PINTÁN E A GÁNDARA, REIVINDICA SEU DEREITO AO DISFRUTE DA ZOA DE FONTEBIEITA
E opóñense á unha plantación de árbores que impediría á instalación dos palcos das orquestras nas Festas das Mercedes
Vista parcial dos veciños/as que asistiron o mediodía de onte, no lugar e Fontebieita, á asemblea pública convocada pola Asociación O Percamino
Infogauda / A Gándara (Salcidos)
Atendendo á convocatoria da Asociación de Veciños O Percamino, da cal informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo; arredor do mediodía de onte, domingo día 1 de marzo de 2020, no terreo comunal da Fontebieita (A Gándara), celebrouse unha concentración de veciños da Proba, Pintán e A Gándara.
No decurso da asemblea os veciños foron informados polo presidente-coordinador das Festas das Mercedes, Juan Carlos Gómez, e por Paulino Rodríguez González, presidente da Asociación de Veciños O Percamino, respecto a que alguns membros da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos, teñen previsto non permitir este ano, celebrar parte dos festexos patronais nese lugar.
Segundo informaron á veciñanza os devanditos portavoces veciñais, alguns directivos da devandita Comunidade de Montes pretenden plantar árbores nese terreo, non deixando unha superficie axeitada dese espazo comunal, para as verbenas do pobo.
Dese xeito, Juan Carlos Gómez informou a todos os veciños presentes que xa están contratadas as orquestas, e que polas dimensións dos seus palcos, e por tratarse dun lugar con poucas vivendas próximas, Fontebieita é o único sitio axeitado para esas actuacións. Asemade manifestou que a estas alturas anular á contratación causaría un gran perxuizo a organización das Festas na honra da Virxe das Mercedes.
Pola súa banda, Paulino Rodríguez expuxo que desde tempos inmemoriais, Fontebieita sempre foi un lugar de aproveitamento e uso veciñal. Asemade relembrou que os veciños reconstruiron a fonte, puxéronlle o tellado, coidaron os lavadoiros, presas de regadío, terreos, etc.
O presidente da Asociación O Percamino tamén referiu que nese lugar fixéronse festivais de poesía, celebracións populares, etc., e desde fai un tempo, as verbenas do pobo. Polo que entenden, que en relación a problemática suscitada, trátase máis dun capricho persoal de determinados membros da Comunidade de Montes de Salcidos contra algún directivo da Asociación O Percamino, e que con esa actitude a quen perxudicaría e ao pobo de A Gándara.
Na asemblea veciñal púxose de manifesto que non permitirán que se desposúa ao pobo dos seus dereitos consuetudinarios e dun lugar de disfrute e de lecer, neses terreos comunais, polo que seguirán con mobilizacións ante a postura arbitraria dalgúns dos membros da xunta reitora da Comunidade de Montes de Salcidos.
Porén, os veciños están en todo caso, na disposición de colaborar e dialogar coa Comunidade de Montes para procurar chegar a un acordo que permita seguir realizando en Fontebieta os distintos eventos populares cando sexa necesario, como o viñeron facendo ata agora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario