ASOCIACIÓN ASISTENCIAL "SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO"
Rúa Colón s/nº 36740 Tomiño Tlf: 655 60 79 35. Porta traseira nº 12- 1º andar, A. Panorámica 36700 Tui Tlf : 629 258 069. Casa de oficios da Mata (Cumieira de Arriba) 36770 O Rosal Tlf: 654 147 310. Rúa Vista Alegre s/nº 36794 OIA, TELF: 654 147 310.
sostomino@hotmail.es
BALANCE DO MES DE MARZO E TRIMESTRE
Máis de 11.600 quilos de alimentos entregados no mes de marzo
Informa: Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño
A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño fai un balance do mes de marzo de 2020, no que fai constar as familias atendidas nos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia e tamén, a cantidade de alimentos entregados.
En total atendeuse a 415 persoas, que representan a 135 familias.
Entregouse un total de 11.681 quilos de alimentos, dos cales 2.285 entregáronse en Tomiño, 7.529 en Tui, 566 no Rosal e 1.301 en Oia.
Durante o trimestre repartimos un total de 34.350 quilos de alimentos. Repartidos por concellos da seguinte forma:
• Concello de Tomiño: 6.480 quilos.
• Concello de Tomiño: 6.480 quilos.
• Concello de Tui: 22.219 quilos.
• Concello do Rosal: 1.631 quilos.
• Concello de Oia: 4.020 quilos.
Achegamos cadro de familias atendidas e alimentos entregados por concellos.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario