CINEMA
"UN ASUNTO DE FAMILIA", FILME XAPONÉS NO CINECLUB POLEIRO
O xoves día 5 de marzo, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián
O xoves día 5 de marzo, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián
Rita Alonso Pérez / Goián
O xoves 5 de marzo, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta "UN ASUNTO DE FAMILIA", un drama xaponés dirixido por Hirokazu Koreeda.
Sinopse: Osamu e o seu fillo atopan unha nena que foi maltratada, no medio dun frío glacial. A familia ainda que é pobre acóllea e vai sobrevivindo con pequenos furtos. Un accidente pon a proba os lazos que os unen. Un dilema que se agranda para unhas persoas que comparten protección e cariño pero sobreviven ao marxe da lei.
Premios (2018): Palma de Ouro en Cannes á Mellor película; César á Mellor Película Extranxeira, Premio Donostia en San Sebastián.
O xoves 2 de abril é o turno de "CAFERNAÚM", unha película libanesa dirixida por Nadine Labaki.
Sinopse: Ante un tribunal, Zaín, un neno de 12 anos declara ante o xuíz: ¿Por qué demandas aos teus proprios pais? - Por darme a vida.
Sinopse: Ante un tribunal, Zaín, un neno de 12 anos declara ante o xuíz: ¿Por qué demandas aos teus proprios pais? - Por darme a vida.
Pechamos o ciclo o xoves 7 de maio con "BENZINHO", dirixida polo brasileiro Gustavo Pizzi. Conta a historia dunha ama de casa de Río de Janeiro con catro fillos que acolle á súa irmá e ao seu sobriño, vítimas de malos tratos.
REBAIXA: O BONO PARA AS CATRO PELÍCULAS CUSTA 6 EUROS
O Cineclub Poleiro conta co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario