As socialistas de Tomiño mostran a súa satisfacción polos recentes acordos plenarios
Adoitados pola Corporación tomiñesa no Pleno Ordinario celebrado o pasado xoves
Vista parcial da asistencia da veciñanza á sesión plenaria do pasado xoves, na Casa do Concello de Tomiño
Infogauda / Tomiño
O grupo socialista presentou 3 mocións para o seu debate no Pleno da Corporación Municipal de Tomiño. Unha delas, respecto ao trazado previsto pola consellería de Infrestruturas e Mobilidade, da Xunta de Galicia, entre ás estradas autonómicas PO-552 e PO-350, directamente relacionadas no proxecto de construcción da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, na que se propón amparar a veciñanza afectada e trasladarlle á devandita consellería a necesidade da reformulación do trazado neste tramo pola súa grave afección. A moción socialista foi aprobada por unanimidade.
As concelleiras do PSdeG-PSOE tamén levaron a Pleno unha moción sobre o recorte da Xunta de Galicia na dotación do plan Marco de Camiños Municipais no Concello de Tomiño para o bienio 2020/2021, que foi aprobada pola maioría da Corporación.
E por último trasladaron a moción da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) contra as políticas represivas da empresa URBASER, contratada polo Concello de Tomiño, e que tamén foi aprobada por unanimidade.
As concelleiras socialistas tamén votaron a favor da moción presentada polo BNG na que se esixe tanto a Xunta de Galicia como ao Goberno Central finanzamento para o proxecto dunha biblioteca para Tomiño. "Votamos a favor - afirma Violeta de Santiago, concelleira portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño - por coherencia, e porque é unha necesidade urxente, prioritaria e imprescindible, dado que somos o único Concello do Baixo Miño e Val Miñor, que carecemos deste servizo tan demandado.
Temos que lembrar que no ano 2007 foi prometida polos nacionalistas como o primeiro gran proxecto que ían acometer si alcanzaban a Alcaldía. E voltaron prometela no 2011, no 2015 e no 2019. E seguimos sen ela porque este goberno prefire investir en formigón e rotondas. E non debemos esquecer que no anterior mandato 2016/2019, a Deputación de Pontevedra investiu en Tomiño preto de 10.000.000€ con plena autonomía do goberno municipal donde priorizar o gasto, e non destinou un só euro para este proxecto, o que evidencia a falta de interese dos nacionalistas coa biblioteca".
Temos que lembrar que no ano 2007 foi prometida polos nacionalistas como o primeiro gran proxecto que ían acometer si alcanzaban a Alcaldía. E voltaron prometela no 2011, no 2015 e no 2019. E seguimos sen ela porque este goberno prefire investir en formigón e rotondas. E non debemos esquecer que no anterior mandato 2016/2019, a Deputación de Pontevedra investiu en Tomiño preto de 10.000.000€ con plena autonomía do goberno municipal donde priorizar o gasto, e non destinou un só euro para este proxecto, o que evidencia a falta de interese dos nacionalistas coa biblioteca".
No apartado de rogos e preguntas, a voceira socialista preguntoulle ó concelleiro de Urbanismo si o expediente N° 2341/2019 (contratación obras no proxecto de acondicionamento da contorna da praza da igrexa de Figueiró) conta coa pertinente autorización da Xunta- Servizo de Infraestruturas Agrarias (Parcelarias), ao que contestan que si. Tamén si conta coa resolución da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta pola que autoriza a realización das obras, ao que respostou afirmativamente tamén. E por último solicitou información sobre o convenio de cesión co Bispado Tui-Vigo, si este adxunta escritura e contempla a servidume que contén a praza, e tamén tivo un si como resposta. Polo tanto as concelleiras socialistas afirman que non comprenden "que o veciño predio dominante nesa servidume solicitara no mes de decembro esa documentación e a día de hoxe aínda non se lle proporcionara, tendo en conta que a obra xa está licitada, aínda que paralizaron a súa adxudicación, posto que si carece da documentación sectorial pertinente, incurriría nunha ilegalidade a mesma".
Ningún comentario:
Publicar un comentario