Galicia rexistra un total de 2.627 casos infectados por coronavirus
Un total de 95 persoas xa foron dadas de alta
A día de hoxe hai 1.865 pacientes en seguimento nos seus domicilios
O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
Infogauda / Galicia
A Dirección Xeral de Saúde Pública da
Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número
de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.627, deles 597 son da
área da Coruña, 219 da de Lugo, 371 da de Ourense, 290 da de Pontevedra,
633 da área de Vigo, 454 da de Santiago, e 63 da de Ferrol.
Do
total de pacientes positivos, 110 permanecen en UCI, 652 están en
unidades de hospitalización e 1.865 no domicilio. Polo de agora, en
Galicia rexistráronse 95 altas de pacientes e 50 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 12.885.
A
Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación
interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o
contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso,
Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e
recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A
Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061
só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número
gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de
coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así
mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o
teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para
dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver
todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar
sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os técnicos da
Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven
reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e
o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase
adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do
virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así,
extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente
despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano
-preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón
de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o
nariz e a boca coas mans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario