Chegan a Galicia 700.000 máscaras adquiridas pola Xunta e de doazóns
Un total 500.000 destas unidades son das aquiridas pola Xunta, outras 100.000 doadas por Inditex e outras 100.000 por Grupo Caamaño
Estas mascarillas distribuiranse de forma prioritaria en centros sanitarios e sociosanitarios, tal e como establecen os protocolos
Infogauda / Galicia
Chega a Galicia o primeiro envío de
máscaras cun total de 700.000 unidades adquiridas pola Xunta e
procedentes de doazóns. Un total de 500.000 desas unidades foron
adquiridas pola Xunta e o resto proceden de doazóns, 100.000 de Inditex e
outras 100.000 de Grupo Caamaño. A partir da semana que comeza mañá,
prevese que continúen recepcionándose os envíos dos restantes lotes
adquiridos pola Xunta a distintos proveedores. O material foi entregado
polo proveedor na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde,
situado en Negreira, e dende alí será distribuído a toda a comunidade.
A
Consellería de Sanidade procederá a distribuír este material de
protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e
residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos
elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario