20 de mar. de 2020

ÁREA SOLIDARIA

Lanzamos o Plan Cruz Vermella RESPONDE fronte ao COVID-19


Informa: Cruz Vermella Española

 Desde o comezo desta crise Cruz Vermella asegurou o mantemento dos seus programas esenciais e intensificou a súa actividade coas persoas máis vulnerables ante o  COVID-19 nunha primeira fase de actuación, na que a Organización Humanitaria realizou accións como:  

 · Campaña Especial de Seguimento: realizando seguimento telefónico a 400.000 persoas dos seus programas, identificadas como especialmente vulnerables ante o  COVID-19, para informar, axudar e detectar necesidades.

 · Posta ao dispor das Autoridades Sanitarias dos seus recursos humanos e loxísticos, acompañando a persoal sanitario, recollendo mostras, trasladando a persoas afectadas, ou poñendo a disposición aos seus equipos de apoio psicosocial.  

 · Distribución e entrega de alimentos e kits con produtos de primeira necesidade.  

· Campañas de Comunicación e Sensibilización en todas as súas canles, poñendo ademais ao dispor de toda a sociedade un Curso Aberto e Gratuíto sobre o  COVID-19 desenvolvido por Cruz Vermella que xa foi realizado por 200.000 persoas.

 Hoxe [por onte día 19 de marzo] inicia unha nova Fase no marco do Estado de Alarma Nacional, lanzando o Plan Cruz Vermella RESPONDE fronte ao  COVID-19 para as persoas en situación de vulnerabilidade e poboación xeral, en coordinación con todas as administracións públicas. Un plan concreto de actuación e resposta para os próximos dous meses e que pretende alcanzar a máis de 1.350.000 persoas cun orzamento estimado de 11.000.000 €, ao que poderá sumarse a todo aquel que queira contribuír.  

 O plan pretende mobilizar a máis de 40.000 persoas voluntarias que materializarán as respostas previstas en todo o Estado a través dos seus máis de 1.400 puntos de atención.  

 Case un millón de persoas recibirán atención e acompañamento telefónico, 25.000 familias recibirán bens básicos, 16.000 persoas serán apoiadas en materia de emprego e 3.000 persoas sen fogar terán un lugar para durmir.  

 Este plan xa se está materializando grazas aos recursos propios da organización, contribucións a de Administración Pública, empresas e particulares, e máis de 8.000 novas persoas que se ofreceron como voluntarias ata a data.  

 Con este Plan, Cruz Vermella reforzará os seus mecanismos de resposta en Emerxencias, Saúde e Inclusión Social, e ademais ofrecerá unha resposta integral en todas as súas áreas de Actuación: Socorros, Inclusión Social, Emprego, Saúde, Educación e Medio Ambiente. 

Área de Socorros  

 Despregará os recursos e ferramentas da Unidade de Emerxencias en coordinación coas autoridades competentes.  

Apoio ao servizo 112.  

100 ambulancias para a mobilización de afectados.  

Construír 100 infraestruturas hospitalarias temporais.  

42 equipos de intervención psicosocial ao dispor de persoas afectadas e intervenientes.  

Montaxe de espazos de aloxamento para 3.000 persoas en situacións especiais sen domicilio.  

5.000 Equipos de Protección Individual.  

Distribución e entrega de 20.000 mantas e 9.000 kits con produtos básicos.   




 Área de Inclusión Social 

 Máis de 12 millóns persoas en España, máis do 26% da poboación, atópanse en risco de pobreza ou exclusión social, sendo as que actualmente se atopan illadas e en confinamento, vivindo unha situación de maior vulnerabilidade.  

· 720.000 persoas vulnerables #ante o  COVID-19 recibirán chamadas dentro da campaña especial de coidado e seguimento  

· 200.000 persoas en situación de soidade recibirán acompañamento e asistencia psicolóxica telefonicamente.  

· 25.000 familias verán cubertas as súas necesidades básicas en Alimentación, Hixiene persoal e de fogar, Produtos sanitarios e Pago de subministracións.

Área de Emprego  

 O crecemento dos expedientes de regulación temporal de emprego, o paro e a actividade laboral están a poñer en situación de vulnerabilidade a unha gran parte da poboación. Cruz Vermella poñerá medidas para minorar o impacto económico e de empregabilidade na sociedade.  

· Cruz Vermella reforzará o seu servizo multicanle de emprego.
  
· 8.000 persoas serán informadas en materia de procura de emprego.  

· 5.000 persoas recibirán orientación laboral durante o tempo de confinamento.  

· Máis de 3.000 persoas recibirán pílulas formativas. 

Área de Saúde  

 A día de hoxe ao redor dun 40% das persoas contaxiadas están xa hospitalizadas.  

· 10.000 persoas recibirán seguimento telemático de  biomedidas.  

 · Cruz Vermella creará unha liña de atención Multicanle  Covid-19 a nivel nacional: por teléfono,  mail e redes sociais, que estará activa de luns a domingo desde as 9:00 ás 21:00. 

Área de Educación  

 O peche de escolas e centros educativos está a deixar illados, e en moitos casos sen acceso a formación e apoio educativo, non só a nenos e nenas, se non a calquera persoa que estea nun proceso formativo.  

· 300.000 persoas realizarán o curso sobre  COVID-19 creado por Cruz Vermella (a día de hoxe xa son 200.000).  

· 50.000 voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella ampliarán a súa formación.  

· 5.000 persoas voluntarias e persoal interveniente recibirán novas competencias técnicas.  

· 3.000 nenos e nenas recibirán apoio educativo, formativo e de lecer a través do programa de Éxito Escolar de Cruz Vermella, que agora pasará a ser virtual.  

Área de Medio Ambiente 

 Todas as accións de Cruz Vermella teñen sempre un compoñente ambiental e de compromiso cos hábitos de consumo responsable. 

· 50.000 persoas recibirán formación e sensibilización sobre o uso da auga, electricidade, xestión de residuos e compra responsable. 

· Promoción de hábitos de consumo responsable. 

Cooperación Internacional 

 Cruz Vermella actúa apoiando e acompañando ás persoas afectadas noutros países. 

· Apoio ao 20% de países de maior risco e a países en fase de preparación. 

 Para as organizacións e empresas que queiran sumarse e contribuír ao plan Cruz Vermella RESPONDE fronte ao  COVID-19 para as persoas en situación de vulnerabilidade e poboación xeral:  

· Empresas e organizacións poden contactar vía email: Empresas@cruzroja.es  

Transferencia Bancaria:  

· Banco Santander: ES44 0049 0001 5321 1002 2225  
· BBVA: ES92 0182 2370 4600 1002 2227  
· Caixabank: ES28 2100 0600 8502 0196 0066  
· Bankia: ES77 2038 1063 6560 0061 9773  
· Sabadell: ES31 0081 5232 2800 0108 4716  
· Bankinter: ES75 0128 0010 9701 0012 1395  
· Triodos: ES86 0198 0500 8020 2205 3421  
· Banco Cooperativo: ES18 1491 0001 2130 0008 9598  

· A través da web de Cruz Vermella (ligazón)  
· Bizum: donativo co código 00087.  

SMS:  
· Envía CORONAVIRUS ao 28092 para doar 1,20 €.  
· Envía CORONAVIRUS ao 38088 para doar 3,00 €.  
· Envía CORONAVIRUS ao 38092 para doar 6,00 €.     

As Claves do Plan Cruz Vermella RESPONDE ante o  COVID-19:  

 · Cruz Vermella Responde para que as persoas poidan superar as situacións agudas ou crónicas que poñen en perigo as súas vidas. Dispoñendo de capacidades para facer fronte á emerxencia de distintos tipos e niveis en coordinación coas autoridades competentes en cada caso.  

· Cruz Vermella Responde as persoas para reducir as condutas que supoñan risco, mellorar a xestión da enfermidade e contribuír á mellora da saúde.  

· Cruz Vermella Responde as persoas que están en risco de pobreza e exclusión para que teñan os recursos necesarios.  

· Cruz Vermella Responde para promover a igualdade de oportunidades e, desta forma, quen se atope nesta situación de desvantaxe poidan reincorporarse e acceder ao mercado laboral en igualdade de condicións.  

· Cruz Vermella Responde as persoas para promover a Igualdade de oportunidades educativas.  

· Cruz Vermella Responde actuando no medio ambiente como factor global, de inclusión social e mellora da calidade de vida dos colectivos máis vulnerables.

Ningún comentario:

Publicar un comentario