O Concello da Guarda fai un chamamento para o auxilio aos grupos de risco
Informa: Concello de A Guarda
O Concello da Guarda vén de facer un chamamento á cidadanía para o auxilio aos grupos de risco, recomendando ás persoas maiores e a todas aquelas que estean en grupos de risco a que eviten saír de casa.
O Concello prestará auxilio ás persoas que o precisen, para realizar as tarefas de primeira necesidade(compra de alimentos, farmacia, etc.). Se sabes que o teu veciño/a precisa axuda, ponte en contacto con nós.
Podes contactarcos servizos sociais de 9:00 a 14:00h no teléfono 986 61 45 07 ou co GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) no 620 89 09 02.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario