DESCONVOCADA A MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO DÍA 14 NA GUARDA
Plataforma en defensa da sanidade pública da Guarda
A Plataforma en defensa da sanidade pública da Guarda desconvoca a manifestación que tiña previsto celebrar o próximo sábado 14 na Guarda.
“Decidimos pospoñer este acto por responsabilidade, aínda que os motivos das reivindicacións seguen sendo os mesmos. Nun momento como o que estamos vivindo é máis claro que nunca a necesidade dunha sanidade pública forte”.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario