13 de feb. de 2020

TUI

Presentación do libro Anarquistas galegos en América (Edit. Galaxia); polo autor Bieito Alonso      

Día:    15 de FEBREIRO do 2020 – Sábado  
Hora:  17:00 Hs. (ás CINCO da tarde)  
Lugar: Café Gran Manzana (TUI)


Marga do Val / Tui

 Bieito Alonso presentará o seu libro Anarquistas galegos en América, editado por Galaxia, o sábado, 15 de febreiro; a partir das 17:00 H. (cinco da tarde); terá lugar café Gran Manzana (TUI).

 A actividade, está organizada polo IEAMSO, Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, no Ciclo “Sobredo 97, anos despois”.

  “Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado. Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñecidos. Afeitos como estamos en Galicia a camiñar sempre polos mesmos estreitos carreiros marcados polos devanceiros, cunha máis que marcada tendencia filolóxica, a obra de Alonso tráenos a frescura dun coñecemento historiográfico anovador e sobre un tema que por máis visitado e revisitado non deixa de ser un pozo sen fondo” (Do limiar, de Lourenzo Fernández Prieto).

Alonso, Bieito

 Bieito Alonso naceu en Ourense en 1958. Profesor de Xeografía e Historia no Ensino Secundario, na actualidade exerce no Lycée International de Saint-Germain- -en-Laye (Francia). É autor dun número importante de obras, entre as que destacan: Breve historia do nacionalismo galego, O exilio de Castelao, Obreiros alén mar. Mariñeiros, fogoneiros e anarquistas galegos en New York, A Nosa Terra, xornalismo e nacionalismo político, así como unha manchea de traballos en obras de carácter colectivo e artigos en revistas especializadas. Este libro é o primeiro seu en Editorial Galaxia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario